Gala do Ribeiro 2015, un evento co mellor sabor a Galicia

eventos-galicia-ribeiro-escenografia-azafatas-ribeiro-2015-premiosDenominación de Orixe Ribeiro organizou, da man de Trevisani, a súa gala anual de entrega de premios no Hotel Eurostars Monumento Convento San Clodio de Leiro (Ourense), un evento de altura que congregou profesionais de Galicia toda España do mundo dos viños e a gastronomía, así como autoridades, xornalistas e os viticultores e adegueiros que fan posible os viños da denominación máis antiga de Galicia

A empresa galega de organización de eventos Trevisani implicouse en tarefas de protocolo e relacións públicas, deseño e escaleta do evento, comunicación e trato con xornalistas especialistas e xeralistas, montaxe, xestión de premiados…

A cita foi o 17 de xuño e xuntou máis de 300 persoas. O Premio de Honra foi para o colectivo de restaurantes e cociñeiros galegos con Estrella Michelín, con 10 de 12 restaurantes presentes; e o primeiro Premio “Fusión Muller e Viño” a Gemma Vela Humanes, primeira sumiller do Hotel Ritz (Madrid).

Durante o evento entregáronse os galardóns aos mellores viños do Ribeiro, designados por un panel internacional de cata de 11 expertos. O mellor viño branco de adega é Ramón do Casar Treixadura 2014, de Adega Ramón do Casar; o mellor viño branco de colleteiro é Canción de Elisa 2014, de Adega Dona Elisa; e o mellor viño tinto é Pazos de Albor 2014 do colleiteiro Alfonso Albor Rodríguez.

Como “Mellor tarefa de comunicación” premiouse a Susie Barrie e Peter Richards, Masters of Wine e presentadores na británica BBC; en “Mellor servizo de viño en restaurante” destacouse ao Restaurante Esteban, de Mos; o Premio “Mellor tenda especializada – viñoteca” foi para o espazo enocultural Vide – Vide, de Santiago de Compostela; e o galardón á “Mellor taberna-bar de viños” premiou á ourensana Vinoteca Sybaris 2.0.

A cerimonia tamén serviu para facer balance anual do Ribeiro. Pablo Vidal, director técnico do CRDO; e os sumilleres Cristina Alcalá e Xoán Cannas presentaron a súa nova colleita de viños.

Un evento de altura que reforza a proxección pública e máis o funcionamiento interno da Denominación de Orixe.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *