Prepárase o Fórum Gastronómico de Girona 2017 do próximo novembro
O Fórum Gastronómico Girona 2017 avanza grandes nomes no seu programa e anuncia un crecemento da súa feira profesional
Chega o Fórum Gastronómico Girona 2017, nesta ocasión o evento celebrarase na cidade catalá do 19 ao 21 de novembro.
Trevisani está implicada de abondo neste evento gastronómico de referencia.
Este ano cabe destacar un crecemento importante do espazo feiral, do 20% respecto da pasada edición.
Este crecemento achegará ao evento máis empresas, máis novidades e máis oportunidades de negocio.
A edición 2017 de Fórum Gastronómico Girona seguirá co mesmo modelo que resultou tan brillante nas últimas edicións realizadas na Coruña e máis en Barcelona.
Así, contará cun grande espazo feiral con recoñecidas empresas dos sectores da distribución, a produción de alimentos e bebidas, o foodservice ou o equipamento e a maquinaria; xunto cun atractivo e amplo programa de actividades protagonizadas por destacados cociñeiros.
En definitiva, o novo Fórum Gastronómico en Girona será, unha vez máis, cita obrigada para os profesionais e tamén para o público gourmet.
Aposta pola internacionalización
Para promover o intercambio comercial, o Fórum Gastronómico de Girona tamén contará con misións inversas con compradores vindos de distintos países europeos interesados nos produtos presentes na feira.
O protagonismo dos expositores
O Fórum Gastronómico dispoñerá de espazos pensados unicamente para os expositores, onde poderán dar a coñecer os seus produtos e facer promoción.
Diariamente realizaranse numerosas sesións deste tipo.
Tamén, e como cada ano, premiarase a innovación das empresas participantes a través dos Premios InnoFòrum que recoñecerán o produto máis innovador, o sabor máis orixinal e o packaging máis creativo de entre os produtos presentes na feira.
Nesta edición o eixo temático das actividades poñerá o punto de mira ao redor da gastronomía sustentable e a diversidade culinaria.
Cociñeiros confirmados no Fórum Gastronómico de Girona
Algúns dos cociñeiros xa confirmados serán Joan, Josep y Jordi Roca (Celler de Can Roca), Paco Pérez (Miramar), Nandu Jubany (Can Jubany), Artur Martínez (Capritx), Pere Planagumà (Rom), Oriol Rovira (Els Casals), Oriol Castro, Eduard Xatruch y Mateu Casañas (Compartir), Sergi de Meià (Restaurant Sergi de Meià) ou Víctor Quintillà (Lluerna).
Tamén estarán Albert Raurich (Dos Palillos), Rafa Peña (Gresca), Toni Romero (Suculent), Damian Allsop (Mimo d’en Damián) ou Alejandra Rivas (Rocambolesc).
Outros nomes destacados son Andoni Luis Aduriz (Mugaritz), Marcos Morán (Casa Gerardo), Paco Morales (Noor Restaurant), Rodrigo de la Calle (El Invernadero), Javier Olleros (Culler de Pau), Iago Pazos e Marcos Cerqueiro (Abastos).
Entre a representación internacional irán a brasileiraRoberta Sudbrack (sudtruck), a eslovaca Ana Roš (Hiša Franko), o londinense Isaac Mchale (the Clove Club) e os italianos Max Mascia (San Domenico) e Luca Marchini (L’Erba del Re).
Trevisani e Fórum Gastronómico
A empresa de organización de congresos e eventos Trevisani está ligada ao Fórum Gastronómico desde o ano 2008, cando se celebrou a súa primeira edición en Galicia.
No ano 2012, Trevisani converteuse na delegación de Fòrum Gastronòmic en Galicia e, con iso, en coorganizadora, xunto á empresa Pep Palau, von Arend & Associats, creadores e directores do Fórum, de todos os encontros que se desenvolven cada dous anos na nosa comunidade.
Toda a actualidade do Fórum Gastronómico Girona 2017 pódese seguir no seu portal web.