Fórum Gastronómico A Coruña 2015, un grande éxito
O Fórum Gastronómico da Coruña 2015 foi un rotundo éxito, do que a empresa Trevisani está orgullosa de abondo.
Man a man con PPVA e máis Fórum Gastronómic, o equipo de Trevisani traballou no Fórum Gastronómico en facetas como protocolo, relacións públicas, comercialización, comunicación, produción, imaxe, loxística, atención no directo…
Máis de 23.000 persoas pasaron por ExpoCoruña ao longo de tres días de intensa
actividade, para este evento de referencia con feira profesional, ás que habería que sumar todas as que se aproximaron ao calendario paralelo de actividades Fórum Cidade.
Case un cento de profesionais realizaron preto de 70 actividades repartidas entre o grande
Auditorio, con capacidade para 400 persoas, 4 talleres e os postos. A porcentaxe de ocupación foi do 100% en todos os espazos; talleres sen prazas dispoñibles, un auditorio ata arriba e unha feira chea foi a tónica xeral dos tres días.
Máis de 600 marcas representadas, unha feira profesional un 40% máis grande, unha maior internacionalización, a animación do Cook Trends… foron algúns dos marcos deste quinto Fórum Gastrónomico en Galicia.