O Fórum Gastronómico supera con nota a cita en Barcelona… e agora toca volver á Coruña

organizacion-eventos-azafatas-santiaago-forum-barcelonaA segunda edición do Fórum Gastronómico da Coruña terá lugar do 15 ao 17 de marzo de 2015

O Fórum Gastronómico Barcelona 2014, evento no que a empresa Trevisani estivo moi implicada, pechou as súas portas cun éxito rotundo en programa e feira; así manifestárono os seus directores, Pep Palau e Jaume von Arend que amosaron unha grande satisfacción polo desenvolvemento das catro xornadas, e insistiron na plena ocupación de cada un dos espazos de actividades así como na moi positiva valoración por parte dos asistentes e na internacionalización do evento, que tivo unha alta porcentaxe de visitantes do estranxeiro.

Un total de 57.000 profesionais pasaron durante a súa celebración pola Barcelona Hosting Week (Fòrum Gastronómico + Hostelco + BarFòrum). Moitos deles detivéronse nas propostas galegas da cita, tanto no programa de actividades e sesións coma nos postos da feira gastronómica profesional, na que se encontraban a D.O.Ribeiro, a Deputación de Pontevedra con GastroDeza ou Augas de Cabreiroá, que acudiron trala comercialización de Trevisani.

Un equipo de traballo de Trevisani acudiu a Barcelona para dar soporte profesional ás distintas empresas que acudiron ao evento trala súa labor de comercialización.

Ademais, o Fórum Gastronómico contou nesta primeira edición barcelonesa, con máis de 80 relatores, preto de 150 actividades e máis de 200 empresas expositoras que representan unhas 400 marcas aproximadamente.

Os expositores tamén valoraron moi favorablemente o perfil de visitante exclusivamente profesional, xa que a feira se converteu unha vez máis nun espazo de intercambio e de negocio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *