O Fórum Gastronómico de Barcelona 2016 pechou cun grande éxito, seguinte cita: A Coruña 2017

eventos-grevisani-forum-gastronomicoO próximo evento de Fórum Gastronómico será en Galicia, na Coruña, do 12 ao 14 de marzo

Feira e espazos de actividades absolutamente cheos. Esta foi a tónica dos catro días nos que Fòrum Gastronòmic incrementou case un 50% de visitantes respecto da pasada edición do 2014. En total, a Barcelona Hosting Week, que inclúe os eventos Fòrum Gastronòmic Barcelona 2016 e Hostelco, péchase con 50.000 visitantes.

Ao longo de catro días, os asistentes ao Fòrum Gastronòmic puideron gozar dunha feira gastronómica profesional un 30% máis grande e máis internacional, coa presenza das mellores empresas do sector. Cabe destacar a gran satisfacción tanto por parte dos expositores, que puideron realizar numerosos tratos comerciais, como por parte dos visitantes profesionais que, unha vez máis, viron en Fòrum o punto de encontro entre profesionais do sector.

A sesión de clausura de Fòrum Gastronòmic Barcelona 2016 estivo a cargo do colectivo Coruña Cociña e significou o colofón final e tamén o anuncio da seguinte edición de Fòrum. Do 12 ao 14 de marzo celebrarase unha nova edición na Coruña. Para oficializar a substitución contouse co alcalde da cidade Xulio Ferreiro e Alberto Lema, en representación do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña.

Trevisani e o Fórum Gastronómico

A empresa de organización de eventos Trevisani está conectada ao Fórum Gastronómico desde o ano 2008, cando chegou a súa primeira edición en Galicia.

Web oficial do Fórum Gastronómico da Coruña

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *