O Fórum Gastronómico da Coruña 14, un éxito rotundo

O Fórum Gastronómico A Coruña 2014, cuxa delegación en Galicia está ostentada por Trevisani, foi un éxito rotundo xa que se superaron todas as expectativas.

O seguinte evento na cidade herculina será en 2015.

En total, máis de 21.000 persoas achegáronse ata o recinto de Expocoruña ao longo de tres días de intensa actividade e case un centenar de relatores realizaron as súas intervencións ante un auditorio que encheu todos os espazos.

Debe destacarse a grande implicación e a satisfacción xeral das empresas expositoras -457 marcas representadas- en 5.000 m² de espazo feiral, o cal supón un crecemento do 30% respecto á anterior edición en Galicia.

A masiva repercusión nos medios de comunicación e nas redes sociais tamén son mostra do éxito deste evento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *