Ás portas do primeiro Fórum Gastronómico en Barcelona

forum-gastronomico-xurxo-lobato
Xurxo Lobato

Entre o 20 e o 23 de outubro, a Fira de Barcelona acollerá a primeira edición do Fórum Gastronómico na capital catalá. O Fórum Gastronómico Barcelona 2014 reunirá cociñeiros nacionais e internacionais e grandes profesionais.

Celebrarase coincidindo con Hostelco, nun esforzo conxunto para crear a Barcelona Hosting Week.

Trevisani é a delegación do Fórum Gastronómico para Galicia e, como tal, está implicada en aspectos como a súa comercialización. Numerosas empresas galegas, portuguesas e do resto de España xa confirmaron a súa asistencia a esta inmellorable cita para dar a coñecer os seus servizos e produtos na gran feira gastronómica.

México será o país invitado desta edición do evento na poderá gozarse con relatores de prestixio como Carme Ruscalleda, Joan Roca, Jordi Roca, Sacha Hormaechea, Eneko Atxa, Sergio e Javier Torres, Paco Pérez, Ángel León, Jordi Cruz…

Dossier presentación Fórum Barcelona

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *