O Fórum Gastronómico 2019 da Coruña será máis grande
Galicia volverá ser sede do grande evento culinario, Fórum Gastronómico 2019, do 10 ao 12 de marzo, na Coruña
Xa están en plena comercialización as dúas próximas edicións do Fórum Gastronómico, que acontecerán en Girona entre o 18 e o 20 de novembro de 2018 e na Coruña en marzo de 2019.
En concreto, as sedes serán o Palacio de Ferias y Palacio de Congresos de Girona y ExpoCoruña.
A feira comercial Fórum Gastronómico A Coruña 2019 aumenta a súa superficie
Numerosas empresas xa confirmaron que repetirán no Fórum Gastronómico 2019, na Coruña, e elas estanse a sumar algunas que se estrearán.
Grazas a elas, o evento esperta expectación e volvera medrar en superficie expositora.
Avance do Fórum Gastronomico de Girona
Non han faltar: Joan Roca, Rodolfo Guzmán, Esther e Nacho Manzano, Pepe Solla e Xoán Crujeiras ou Jordi Cruz. Tamén haberá dúas matinais con seis sesións consecutivas.
Haberá unha notable presenza de mulleres con Iolanda Bustos, Lucía Freitas, María José San Román, María Solivellas ou Begoña Rodrigo.
O seu último día tamén acudirán Albert Sastregener, Miguel Ángel de la Cruz, Nanín Pérez, Borja García, David Andrés e Benito Gómez.
Nos obradoiros con degustación estarán: Paco Pérez, Adeline Grattard, Artur Martínez, Marc Ribas, Xavier Pellicer, Nandu Jubany o Antonia Klugmann, entre outros.