Fórum Gastronómico A Coruña 2017, un grande éxito para a gastronomía e o sector dos eventos de Galicia

taller-gastronomia-galiciaO Fórum Gastronómico da Coruña 2017, celebrado en ExpoCoruña, supuxo un auténtico fito na traxectoria deste gran evento gastronómico, no que, de novo, estivo implicada a fondo Trevisani

A cualificación como “mellor edición celebrada en Galicia” de Fórum Gastronómico é o mellor resumo posible do que supuxo o evento do 12 ao 14 de marzo, do que Trevisani é Delegación en Galicia, coorganizando xunto á empresa Pep Palau, Von Arend & Associats,

Un esforzo coordinado entre múltiples actores do sector privado e público; a profesionalidade dos seus promotores; o senso co que medrou a cita nas súas distintas edicións en Galicia; a confianza por parte de expositores e relatores; as relacións establecidas grazas á súa feira profesional e os encontros comerciais; a implicación e as actividades paralelas na cidade que o acolle…

Son parte das razóns que explican o éxito de Fórum Gastronómico A Coruña 2017.

Entre os múltiples traballos realizados por Trevisani, man a man con PPVA, neste evento estiveron: secretaría técnica, comercialización e organización de feira profesional e área de restauración, axenda de relatores, arquitectura efémera, apoio a gabinete de prensa, protocolo e relacións públicas, persoal auxiliar e azafatas, atención ao directo…

Nota de valoración oficial de Fórum Gastronómico

“Ao longo de tres xornadas pasaron por ExpoCoruña ao redor de 23.000 persoas, unha cifra similar á do 2015, que confirma unha vez máis a consolidación do evento en Galicia e na Coruña. En total o Fórum ocupou unha superficie total de 9.500 m2 en ExpoCoruña.

Nesta edición cómpre salientar o aumento de público profesional, e un incremento de visitantes chegados de distintos puntos de España así como de Portugal.

Un cento de relatores, dos cales máis de 20 son da cidade da Coruña, realizaron preto de 70 sesións repartidas entre o Auditorio, os talleres e o Ágora.

Ademais delas, actividades realizadas nos espazos dos expositores como a Aula de Cultura Cervexeira de Estrella Galicia, o stand de Unilever, de Saborea España, ou os da Consellería do Mar e a Consellería de Medio Rural, o camión do Grupo Nove ou o Mercado a Colleita. En total, 12 espazos de actividades funcionando simultaneamente.

Talleres con aforo completo e sen entradas dispoñibles, un auditorio no que non cesou a actividade e unha feira con corredores cheos foi a tónica xeral dos tres días.

Así mesmo público e prescriptores manifestaron o acerto no eixo temático deste ano, a nova cociña galega, que permitiu coñecer o grande potencial dos máis novos así como desfrutar coas propostas dos xa consolidados, subliñando, unha vez máis, o compromiso do certame coa gastronomía do territorio e a cidade que o acolle.

A incorporación do novo espazo, o Ágora, no que tiveron un rol protagonista os oficios artesáns, foi valorada moi positivamente por todos eles.

O Fórum segue a ser un grande colector de iniciativas e proxectos que facilitan a creación de sinerxias entre distintos axentes.

Internacionalización de Fórum Gastronómico de A Coruña 2017

Por outra banda, é importante sinalar o alto grao de satisfacción dos máis de 200 expositores, que entablaron numerosos contactos comerciales nunha superficie feiral que creceu nun 30% respecto á anterior edición demostrando así que Fórum é un evento de referencia e unha grande plataforma de negocio para as empresas do sector.

Cómpre sinalar a perfecta convivencia de grandes empresas con pequenos produtores así como a perfecta comunión entre produtos de calidade e equipamento, maquinaria y ferramentas que constitúe o escaparate ideal para o público profesional.

Do mesmo xeito, os premios InnoFórum, patrocinados por Gas Natural Fenosa, aos que se presentaron 34 produtos supoñen unha proxección para todas aquelas empresas que queren mostrar as súas novidades.

Tamén é salientable a internacionalización do evento, ademais dunha misión inversa foi posible gracias á colaboración da Cámara de Comercio da Coruña, na que participaron 46 empresas e 12 compradores de 6 países (Holanda, Bélxica, Reino Unido, Irlanda, Polonia e México).

O espazo de restauración, que contou con 10 postos de comida cunha oferta moi diversa, tuvo, unha vez máis un grande éxito.

En total o Fórum contou con 150 medios acreditados.

Fórum Gastronómico A Coruña conta co apoio do Concello da Coruña, Deputación da Coruña, Coruña Turismo ademais de Estrella Galicia como patrocinador principal. Tamén son patrocinadores Unilever Food Solutions, Cabreiroá e Electrolux, entre outros.

A seguinte cita do Fórum Gastronómico terá lugar en Girona do 19 ao 21 de novembro”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *