O Fórum Gastronómico da Coruña 2017 avanza a bo ritmo

PACO-perez-evento-forum-gastronomicoO Fórum Gastronómico da Coruña, evento de referencia no Arco Atlántico ten a súa comercialización moi desenvolvida

Tralo grande éxito acadado nas dúas pasadas edicións, o Fórum Gastronómico repite do 12 ao 14 de marzo no recinto feiral de ExpoCoruña, na que será a súa sexta edición en Galicia e a plena consolidación do evento na Coruña.

A empresa de organización de eventos Trevisani volve ser coorganizadora deste acontecemento, xunto a Pep Palau, von Arend & Associats

A comercialización do espazo feiral, que medra nun 30%, vai a toda máquina e, a dous meses do evento, xa se vendeu un 85% do mesmo.

A satisfacción das empresas expositoras na pasada edición fixo que moitas delas repitan neste 2017.

Ata o de agora destaca unha alta porcentaxe de empresas galegas pero tamén do resto do estado español.

O espazo feiral do Fórum, desta volta, tamén será un escaparate das novidades do sector e unha magnífica plataforma comercial propiciando a oportunidade de estableceren contacto directo entre profesionais e captar novos clientes entre un público especializado.

O programa de actividades xirará arredor da nova cociña galega e, ademais das novas promesas e dos grandes profesionais galegos, tamén contará con destacados chefs chegados de distintos puntos da península.

Deste xeito, o Fórum convértese unha vez máis na cita de referencia e A Coruña será durante 3 días a capital gastronómica de Galicia e de todo o Arco Atlántico.

No 2015, Fórum Gastronómico A Coruña recibiu máis de 23.000 visitantes no recinto feiral e contou con máis de 70 actividades con cociña en directo a cargo de 70 relatores.

Na feira estiveron representadas máis de 600 marcas.

O Fórum Gastronómico seguirá máis alá do recinto feiral de ExpoCoruña, co Fórum Cidade, que contará con distintas actividades coa colaboración do colectivo Coruña Cociña.

O Fórum Gastronómico e a empresa de organización de eventos Trevisani

Xa desde a súa primeira edición en Galicia no 2008, Trevisani estivo implicada na organización e produción deste gran evento de referencia que sirve para impulsar a gastronomía galega.

No ano 2012, pasa de ser unha entidade colaboradora a converterse na Delegación de Fórum Gastronómico en Galicia e con iso en coorganizadora xunto á empresa Pep Palau, von Arend & Associats, creadores e directores do Fórum, de todos os encontros que se desenvolven cada dous anos no país.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *