O Fórum Gastronómico 2015 na Coruña xa ten datas
O Fórum Gastronómico celebrará en marzo de 2015 a súa segunda edición na Coruña, en concreto os días 15, 16 e 17, e de novo no recinto de ExpoCoruña e, de novo, con Trevisani como delegación en Galicia desta gran cita enogastronómica.
A primeira cita deste evento na cidade herculina reuníu a máis de 21.000 persoas de público gastrónomo e profesional, unha grande feira profesional, case un cento de relatores e docentes, máis de 50 sesións de cociña en directo e unha porcentaxe de ocupación do 100% en todas elas. O lema do 2015 é “Repetirás”, co obxectivo de repetir o éxito.
O Fórum A Coruña 2015 continuará coas liñas mestras de anteriores citas en Galicia e Catalunya, se ben buscará solucións para que poidan “convivir harmónicamente o público profesional e o público gastrónomo”. Os co directores, Pep Palau e Jaume Von Arend, avanzaron a posibilidade de que se cren áreas profesionais de “acceso restrinxido” nas que se poidan negocios cun menor balbordo.
O acto de presentación do Fórum A Coruña contou con numerosas autoridades políticas e con Manel Piñón, representante de Estrella Galicia, que será o seu patrocinador principal.
Dossier de Presentación Fórum Gastronómico A Coruña 2015