O Fòrum Gastronómic celebrarase do 23 ao 26 de outubro en Barcelona

PACO-perez-evento-forum-gastronomicoFòrum Gastronòmic Barcelona celebrarase do 23 ao 26 de outubro no recinto Gran Vía de Fira

Na páxina web xa se poden realizar as inscripcións para as actividades do Fòrum Gastronòmic Barcelona 2016.

Dende a súa primeira edición en Galicia, celebrada en Santiago de Compostela no ano 2008, Trevisani estivo implicada na organización e produción deste evento de referencia no ámbito gastronómico a nivel internacional.

No ano 2012, Trevisani pasou de ser unha entidade colaboradora a converterse a delegación de Fòrum Gastronòmic en Galicia e, con isto, en coorganizadores, xunto a empresa Pep Palau, von Arend & Associats, creadores e directores do Fórum, de todos os encontros que se desenvolven cada dous anos na nosa comunidade.

A última edición en Galicia foi en A Coruña, en marzo do 2015 en Expocoruña.

Nesta edición, a segunda na capital catalana, o universo dulce terá un papel central, sendo o eixo vertebrador do programa de actividades. Tamén o pan será, unha vez máis, recoñecido no Fòrum coa presencia de panadeiros entre os que destacan a barcelonesa Anna Bellsolà da panadería Baluard o Xabier Barriga de Turris. Ademais, tamén asistirán estrelas internacionais da pastelería como os franceses Patrick Roger e Yann Couvreur, ou a rusa Nina Tarasova.

Algúns dos participantes serán Jordi Cruz (Àbac), Paco Pérez (Miramar), Carme Ruscalleda (Sant Pau), Nandu Jubany (Can Jubany), Ricard Camarena (Ricard Camarena Restaurant), Josean Alija (Nerua), Víctor Quintillà (Lluerna), Jordi Vilà (Alkimia), Oriol Castro (Disfrutar), Sergio y Javier Torres (Dos cielos), ou o tailandés Gaggan Anand, entre outros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *