O I Foro Inventa tu Comunicación, un espazo para compartir e debatir ideas

Fonte: Xaime Cortizo

O Auditorio Abanca de Santiago de Compostela acollerá o I Foro Inventa tu Comunicación, que terá lugar o próximo 31 de marzo e 1 de abril

O I Foro Inventa tu Comunicación é un evento promovido pola Escuela Inventa, onde máis de 500 profesionais e directivos, de tódolos sectores, encontraranse nun espazo para compartir e debatir ideas, estimulados polo poder da comunicación.

Nesta ocasión, a empresa de organización de eventos Trevisani participará neste foro como entidade colaboradora, desenvolvendo as seguientes tarefas:

  • Secretaría técnica
  • Xestión de relatores
  • Persoal
  • Control de accesos
  • Sitting
  • Protocolo e RR.PP.

Relatores no congreso

O I Foro Inventa tu Comunicación traerá a Santiago de Compostela a directivos, expertos en comunicación ou cazadores de talento. Entre os relatores atopamos a Mario Alonso Puig, Anaïs Pérez, Fernando Salinero ou incluso Pepe Solla, cuxos discursos centraranse na economía da atención desde diferentes perspectivas.

Un dos puntos fortes deste encontro será a I Edición dos Premios Inventa Tu Comunicación, nos que participarán 12 profesionais seleccionados das Lab Class da Escuela Inventa, organizadores do foro. Cada un deles ofrecerá un relatorio de 11 minutos e premiarase ao “Comunicador más natural y sencillo” e ao “Comunicador con el mejor relato”, aparte de mencións especiais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *