Flying Happy Face, para mollarse en Galicia co flyboard e o hoverboard
O flyboard e o hoverboard son dous deportes acuáticos que permiten “voar” dende a agua con moitas emocións e total seguridade
Flying Happy Face é unha empresa galega, radicada en Vilagarcía de Arousa, que brinda a posibilidade de practicar flyboard e hoverboard.
A empresa de organización de eventos Trevisani traballa na dinamización e comunicación dos servizos e máis da oferta de ocio de Flying Happy Face.
Que son o flyboard e o hoverboard?
O flyboard e o hoverboard son dous deportes acuáticos que permiten “voar” dende a agua con diversión e seguridade, tendencia nos deportes e no ocio acuáticos..
O flyboard é un dispositivo que permite desprazarse tanto na auga coma no aire, proporcionando unha sensación de liberdade.
Pola súa banda, o hoverboard poderíase comparar a unha mestura entre facer surf e voar. Consiste nunha táboa que permite elevarse até 4 metros de altura e alcanzar unha velocidade de até 45 km/h. gracias ao chorro que a propulsa dende a parte traseira.
Os dous deportes están indicados para todo tipo de persoas, sen importar idades nin forma física. Na primeira sesión o 99% das persoas conseguen xa manter o voo.
Flying Happy Face ofrece packs de flyboard e hoverboard, con distintas opcións, deseñados para o desfrute individual ou en grupo.
Aínda que o porto base está en Vilagarcía de Arousa, o seu equipo desprázase aos distintos puntos de Galicia para permitir que os seus usuarios poidan desfrutar destes deportes acuáticos.
Practícanse acompañados con un monitor titulado por Flyboard España, tras unas indicacións previas, e con todas as medidas de seguridade (casco, chaleco de flotabilidade e anti impacto e neopreno…) incluídas no prezo.