Rematou Spin 2016: unha cita de altura cos mozos emprendedores

spin-2016-santiago-eventosSpin 2016, o maior evento en favor dos mozos emprendedores de Iberoamérica, Portugal e España, pechou as súas portas na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela logo de tres intensos días, do 29 de setembro ao 1 de outubro de 2016.

Na clausura de Spin 2016 chegou a entrega de premios e recoñecementos aos galardonados nos programas de apoio a emprendedores universitarios Model2Market, SpinWay e SmartMoney4Stars.

Un ambicioso programa encheu de actividades este gran proxecto ao que se acercaron máis de 3.000 persoas.

Spin2016 é unha iniciativa de RedEmprendia, coorganizada co Banco Santander, a través de Santander Universidades, a Universidade de Santiago de Compostela, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e máis a Xunta de Galicia. Conta ademais co apoio da Deputación da Coruña, Estrella Galicia, Fundación EY, Indra, Gas Natural Fenosa, Google, Paypal, Tecnocom, a Fundación Paideia e a Cátedra UPM-Clarke, Modet & Cº España, ademais da colaboración de máis de medio cento de organizacións públicas e privadas e universidades.

Destacado traballo de Trevisani

Tal e como salientou no discurso de peche Senén Barro, presidente de RedEmprendia, a empresa de organización de eventos Trevisani xogou un destacado papel na súa posta en marcha e desenvolvemento, en facetas como:

  • Secretaría técnica
  • Direción de produción
  • Xestión de relatores
  • Control de inscricións
  • Deseño de espazos e escenografía
  • Arquitectura efímera
  • Deseño de actividades complementarias
  • Azafatas e persoal auxiliar
  • Apoio en Protocolo e Relacións Públicas
  • Coordinación de voluntarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *