A nova Festa Primagas será en Paiosaco, o domingo 2 de abril
A empresa de organización de eventos Trevisani segue a traballar aumentando a sona de Primagas por toda Galicia
Paiosaco, no Concello da Laracha, vivirá o próximo domingo, 2 de abril, a Festa Primagas.
Trátase dun evento para presentar e celebrar a chegada de Primagas, empresa especializada en gas que ofrece solucións enerxéticas eficientes e limpas nas zonas non urbanas, a Galicia.
A Festa Primagas comezará ás 10:30 horas e celebrarase no propio Campo da Feira, coincidindo con mercado quincenal.
Entre os seus atractivos estarán a actuación do mago Martín Camiña e de distintos grupos locais. Tamén haberá unha degustación de filloas, inchables para os cativos e xogos populares, entre outras actividades.
Toda a recadación acadada nos postos destinarase á Asociación de Discapacitados ADISMA. A Festa Primagas conta coa colaboración do Concello da Laracha.
É un novo evento organizado dende Trevisani.