Primagas deuse a coñecer en Paiosaco cunha nova Festa Primagas

magia evento primagasTerceiro evento organizado por Primagas para dar a coñecer os seus servizos en Galicia

Continúa a dinamización da empresa enerxética Primagas en Galicia, o seu último evento foi unha nova Festa Primagas que animou a mañá do domingo 2 de abril en Paiosaco (A Laracha).

A Festa Primagas de Paiosaco coincidíu coa súa tradicional feira quincenal e sucede ás celebradas en Allariz e Cantas.

Entre seus atractivos deste evento estivo a actuación do mago Martín Camiña, quen realizou varios pases breves de ilusionismo ao longo da mañá.

Tamén contou cunha degustación de filloas, inchables para os cativos ou xogos populares, entre outras actividades.

Máis de 1.000 persoas achegáronse ata esta cita na que a empresa de organización de eventos Trevisani volveu tomar parte.

Como nas anteriores Festas Primagas, o evento en Paiosaco quixo servir para presentar e celebrar a chegada de Primagas, empresa especializada en gas que ofrece solucións enerxéticas eficientes e limpas nas zonas non urbanas, a Galicia.

Colaboración do evento con ADISMA de Paiosaco e A Laracha

Toda a recadación acadada pola venda de filloas na Feira de Paiosaco destinarase á Asociación de Discapacitados ADISMA.

Esta Festa Primagas conta coa colaboración do Concello da Laracha e acadou cobertura en distintos medios de comunicación.

Con máis de 20 anos de experiencia no mercado español, Primagas leva o gas a Galicia.

O seu obxectivo é mellorar as condicións de vida dos habitantes das zonas non urbanas, ofrecéndolles alternativas enerxéticas eficientes e limpas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *