Primagas presentouse en Galicia cunha festa “con boa enerxía” en Allariz

organizacion-eventos-trevisani-primagas-allariz-tristes

A Festa Primagas, celebrada en Allariz o domingo 9 de outubro, serviu como presentación pública en Ourense e Galicia desta compañía especializada en gas

A cita xuntou a máis de 1.000 persoas no Campo da Feira da vila alaricana e contou coa actuación musical de Os Tristes, o dúo formado polos humoristas Marcos Pereiro e Federico Pérez. Tampouco faltaron unha degustación de polbo e filloas, inchables para os máis pequenos, xogos populares e música de animación, entre outras actividades.

Primagas é unha firma que ofrece solucións enerxéticas eficientes e limpas nas zonas non urbanas e que está en fase de expansión en Galicia, para o que botou man do equipo Trevisani.

Toda a recadación acadada irá destinada á Asociación Puzzle, unha entidade que loita contra a exclusión social e laboral das persoas con discapacidade. O evento contou tamén coa colaboración do Concello de Allariz.

Con máis de 20 anos de experiencia no mercado español, Primagas aterra en Galicia para mellorar as condicións de vida dos habitantes das zonas non urbanas, ofrecéndolles alternativas enerxéticas eficientes e limpas.

Entre as tarefas levadas a cabo pola empresa de organización de eventos Trevisani para Primagas están:

  • Secretaría técnica
  • Conceptualización
  • Imaxe
  • Deseño de escenografía e montaxes creativas
  • Produción
  • Protocolo e relaciones públicas
  • Relación coa administración
  • Personal auxiliar e azafatas
  • Arquitectura efémera
  • Atención no directo
  • Comunicación
  • Apoio ao traballo en redes sociais
  • Comercialización de espazos publicitarios

Sobre Primagas

Primagas, compañía enerxética presente no mercado español desde 1996, forma parte do Grupo SHV Energy, líder mundial en distribución de gas que dá servizo a máis de 30 millóns de clientes en todo o mundo. O obxectivo de Primagas é converterse na empresa de referencia no mercado enerxético das zonas non urbanas, mellorando as condicións de vida dos seus clientes, a través dunha solución enerxética eficiente e limpa.

Primagas, con máis de 11.000 clientes en España, está formada por u cadro de persoal de 51 persoas e unha extensa rede de instaladores acreditados repartidos polo territorio español. Ademais, a compañía conta con catro delegacións comerciais en Cataluña, Madrid, País Vasco e Galicia, así como con tres plantas situadas no Porto de Barcelona, Zaragoza e máis Segovia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *