O sector MICE de Galicia reivindícase cunha grande festa

fiesta mice galicia turismo de congresos, reuniones e incentivosA festa Galicia MICE celebrouse o 12 de novembro no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia e puxo en valor o turismo de congresos, incentivos e reunións

O Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia acolleu o 12 de novembro a primeira Festa do Sector MICE de Galicia, coa asistencia duns 200 profesionais vinculados ao turismo de congresos, incentivos e reunións.

O Clúster de Turismo de Galicia organizou esta Festa, co apoio da Xunta de Galicia – Axencia de Turismo de Galicia, coa que finalizou unha viaxe de familiarización con empresarios internacionais convidados.

A empresa de organización de eventos e congresos Trevisani encargouse de distintas tarefas nestas citas.

A festa en Santiago servíu como presentación pública de Galicia MICE, marca nada no 2016 para promover e dar a coñecer o potencial de Galicia como destino deste turismo de eventos.

O colectivo está conformado por OPC Galicia (Organizadores Profesionais de Congresos), a Asociación de Palacios de Congresos de Galicia, HOSPECO (Asociación Empresarial de Hospedaxe da Coruña), ASEHOPO (Asociación de Empresarios de Hospedaxe da provincia de Pontevedra) e AGAFE (Asociación Galega de Feiras e Eventos).

Declaracións do sector del turismo de congresos, incentivos e reunións

A quenda de intervencións abriuno María Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, quen quixo salientar a importancia da colaboración público-privada para o desenvolvemento do sector. Castro tamén destacou que preto de 200 entidades optan á liña de axudas posta en marcha polo executivo autonómico para a celebración de congresos.

Cesáreo Pardal, presidente do Clúster, apuntou que: “Coma o conxunto do sector turístico galego, o turismo de congresos e incentivos na nosa comunidade é un sector amplo e moi heteroxéneo, repartido en todo o territorio, que engloba desde OPCs a guías e intérpretes turísticos, axencias de viaxes, axencias de azafatas, empresas de lecer… un sector que artella, como o é o propio turismo, e cuxas actividades benefician ao conxunto da cidade na que se desenvolve o evento”.

Por parte de Galicia MICE tomou a palabra Ana Trevisani, presidenta de OPC Galicia e directora da empresa homónima, quen efectuou un percorrido pola traxectoria, accións levadas a cabo e obxectivos de Galicia MICE e salientou o volume de negocio do sector en España.

En concreto, o Spain Convention Bureau ( SCB) cifrouno recentemente en 6.600 millóns de euros, con 4,3 millóns de asistentes e 25.800 eventos. Está a levarse a cabo un estudo para coñecer en profundidade a súa incidencia en Galicia.

“Galicia ofrece ao sector profesionais serios, fieis, eficaces, moi traballadores e conta ademais con ese plus que todo organizador desexa: sensacións e experiencias. Somos un destino solvente que se enfronta a algúns problemas, coma o relativo descoñecemento do noso traballo ou os derivados da conectividade de Galicia respecto a outros puntos”, explicou Trevisani.

Ledicia Solá presentou a Festa Galicia MICE, que contou coa actuación de Broken Peach.

Viaxe de familiarización de hosted buyers

A Festa do Sector MICE de Galicia supuxo o ramo duns días de moita actividade, pois tamén se desenvolveu unha viaxe de familiarización dun grupo de hosted buyers que mantiveron reunións de traballo con empresarios locais e visitaron distintos emprazamentos para actividades nas cidades da Coruña e Santiago.

A expedición visitou Palexco, ExpoCoruña, o Museo MEGA, a Cidade da Cultura, o Mercado de Abastos compostelán ou o Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, ademais de restaurantes ou hoteis.

Ás reunións de traballo asistiron uns 50 profesionais galegos de campos como a organización de eventos, hotelaría, recintos, solucións tecnolóxicas, restauración, azafatas, animación, audiovisuais, cátering, traslados, montaxes…

Pola súa banda, os hosted buyers da viaxe convidados procedían de Reino Unido, Francia, Portugal e doutros puntos de España.

Tarefas de Trevisani en estas citas de Galicia MICE

Entre outras angueiras, a empresa de organización de eventos e congresos Trevisani encargouse de:

  • Búsqueda e coordinación de hosted buyers
  • Xestión integral dos workshops na Coruña e Santiago
  • Contratación de artistas
  • Invitaciones e xestión de asistentes
  • Secretaría técnica xeral
  • Apoio en comunicación e prensa
  • Conceptualización, escaletas técnicas e guións
  • Imaxe
  • Produción

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *