Primagas organiza unha gran Festa en Allariz
Contará cos Tristes, o dúo de Federico Pérez e Marcos Pereiro; polbeiro; filloeiro; actividades para nenos; xogos populares e música
Primagas é unha empresa enerxética especialista en gas natural licuado, gas propano e autogas que dá a coñecer os seus servizos en Galicia
A vila de Allariz acollerá o domingo 9 de outubro a Festa Primagas, un evento de presentación desta empresa enerxética especializada en confort e sostibilidade. Será no Campo da Feira – A Barreira, con entrada gratuíta, entre as 11:30 e as 14:30 horas.
Entre os atractivos da Festa Primagas destaca a presenza de Os Tristes, o dúo formado polos humoristas Marcos Pereiro e Federico Pérez, que efectuará unha das súas actuacións musicais cheas de parodia e retranca. Tamén haberá inchables para nenos, xogos populares e música de animación.
Os asistentes poderán degustar polbo e filloas, estando a recadación destes postos destinada á asociación Puzzle de Allariz, que traballa contra a exclusión social e laboral das persoas con discapacidade.
Primagas está nun proceso de dar a coñecer os seus servizos en Galicia. Para a súa presentación escolleu a vila alaricana, como exemplo de dunha localidade preocupada polo desenvolvemento sostible e a innovación no rural. O concello de Allariz colabora neste evento.
Para aumentar a súa notoriedade a nivel galego, Primagas decidíu na empresa de organización de eventos Trevisani. Entre os traballos desenvolvidos están:
- Secretaría técnica
- Conceptualización
- Imaxe
- Deseño de escenografía e montaxes creativas
- Produción
- Protocolo e relaciones públicas
- Relación coa administración
- Personal auxiliar e azafatas
- Arquitectura efémera
- Atención no directo
- Comunicación
- Apoio ao traballo en redes sociais
- Comercialización de espazos publicitarios
A atractiva imaxe desta campaña promocional está a cargo da deseñadora María Pereiro.
Sobre Primagas
Primagas, compañía enerxética presente no mercado español desde 1996, forma parte do Grupo SHV Energy, líder mundial en distribución de gas que dá servizo a máis de 30 millóns de clientes en todo o mundo. O obxectivo de Primagas é converterse na empresa de referencia no mercado enerxético das zonas non urbanas, mellorando as condicións de vida dos seus clientes, a través dunha solución enerxética eficiente e limpa.
Primagas, con máis de 11.000 clientes en España, está formada por u cadro de persoal de 51 persoas e unha extensa rede de instaladores acreditados repartidos polo territorio español. Ademais, a compañía conta con catro delegacións comerciais en Cataluña, Madrid, País Vasco e Galicia, así como con tres plantas situadas no Porto de Barcelona, Zaragoza e máis Segovia.