FairWay, Forum do Camiño de Santiago, vivirá a súa segunda edición do 12 ao 14 de novembro

feria comercial en evento FairwayA empresa de organización de eventos Trevisani está implicada nesta cita que consta de congreso aberto, feira de expositores e workshop con turoperadores internacionais

A segunda edición de Fairway, Forum do Camiño de Santiago, vaise celebrar no Palacio de Congresos e Exposicións de Compostela entre o domingo 12 e o martes 14 de novembro.

Fairway, Forum do Camiño de Santiago, quere ser un espazo que aborda o fenómeno do Camiño en toda a súa amplitude.

Está promovido pola maiorista-minorista Viaxes Viloria; a axencia de marketing Mr Turismo; e Trevisani, empresa de organización de eventos, protocolo e relacións públicas, e comunicación.

Tralo éxito da súa primeira cita, celebrada no 2015, os seus organizadores aspiran a revalidar o seu papel como punto de encontro dos profesionais que traballan arredor destas rutas.

Para acadalo vai contar cun congreso aberto, formado por relatorios e mesas redondas sectoriais; unha feira profesional na que empresas e institucións poderán amosar os seus  recursos e servizos; e máis un workshop que fornecerá reunións de intercambio comercial con destacados turoperadores internacionais.

Presenza internacional de turoperadores

Así, e ata o de agora, xa confirmaron a súa estadía máis de 30 turoperadores de 14 países distintos: Colombia, Noruega, Irlanda, Brasil, Uruguai, Portugal, Nova Zelandia, Estados Unidos, Canadá, Arxentina, Reino Unido, Italia, Alemaña e España.

Os organizadores queren reforzar desta vez o papel dos vieiros que están en auxe e, para acadalo, prestan no seu concepto unha atención especial aos atractivos e problemáticas dos outros camiños distintos do Francés.

De xeito paralelo a Fairway, Forum do Camiño de Santiago, acontecerán unha serie de actividades de dinamización na capital galega, denominadas Fairway City.

Ademais, xornalistas e operadores turísticos internacionais visitarán tramos do Camiño Inglés e do Camiño Portugués en viaxes de prensa e familiarización.

Memoria da primeira edición de Fairway, Forum do Camiño de Santiago

O primeiro Fairway, Forum do Camiño de Santiago desenvolveuse no 2015 e contou, no seu congreso, con 50 relatores de alto nivel; 50 expositores na feira; e máis de 100 empresas implicadas.

Durante as súas xornadas, realizáronse 1.200 citas de intercambio comercial entre empresas vinculadas ao Camiño de Santiago con máis de 25 turoperadores nacionais e internacionais.

Fairway Forum do Camiño de Santiago conta con patrocinio principal de Correos e coa colaboración de Paradores e de distintas entidades patrocinadoras e colaboradoras.

Toda a información sobre este evento está no portal web www.fairwaysantiago.com 

Tarefas que desenvolve Trevisani en Fairway Forum do Camiño de Santiago

Entre os traballos desenvolvidos por Trevisani, xunto aos seus socios, neste evento con congreso están:

  • Secretaría técnica
  • Comercialización
  • Imaxe
  • Conceptualización
  • Deseño de escenografía e montaxes creativas
  • Produción
  • Protocolo e relacións públicas
  • Relacións coa administración e patrocinadores
  • Persoal auxiliar e azafatas
  • Control e confirmación de asistencias
  • Arquitectura efémera
  • Xestión de relatores e expositores
  • Bases de datos
  • Atención ao directo
  • Apoio en comunicación

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *