Éxito da edición da campaña Ribeiro de Copas en Vigo

ribeiro de copas evento en vigo

Evento de dinamización en Vigo dos viños do Ribeiro

Un total de 12 establecementos conforman o circuíto Ribeiro de Copas que até o 22 de decembro se celebra na cidade olívica, ofrecendo unha ampla gama de viños da Denominación de Orixe.

Os amantes da enoloxía que se acheguen poderán conseguir agasallos e entrar en sorteos para, por exemplo, gozar dun completo fin de semana coñecendo a Ruta do viño Ribeiro.

Nesta edición os locais que colaboran coa campaña son

Albaría, El Amante, Tapéame, Vinoteca Cabernet, El Cortijo Tapería, La Trastienda del Cuatro, Lume de Carozo, O Lagharto Pintado, Baraciña, Buqué Enoteca, La Casineta y Tío Chan.

As adegas participantes son: NairoaViña da CalCasal de ArmánPazo CasanovaCoto de GomarizCuñas DaviaBodegas AlanísBodegas O’ VentoselaTerra do CasteloFrancisco FernándezBodegas Val de Souto, Genus de Vinum, VilermaViña Costeira e Viña Mein.

A partires da próxima semana esta iniciativa aterrará tamén nalgúns establecementos da cidade da Coruña, ofrecendo aos seus habitantes e visitantes a posibilidade de celebrar o Nadal cunha copa dalgúns dos mellores viños da zona da D.O. Ribeiro.

Ribeiro de Copas e Trevisani

Trátase doutro evento promovido pola Denominación de Origen Ribeiro e executado pola empresa de organización de eventos Trevisani.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *