O segundo evento do Enocións by Ribeiro, coa gastronomía de Pepe Solla, colgou o “non hai billetes”
A Cidade da Cultura de Galicia acolleu o segundo evento do programa Enocións by Ribeiro, a denominación de orixe maridou os seus viños coa gastronomía de Pepe Solla, a música de DJ Analís e as explicacións da sumiller Cristina Alcalá. Unha cita matinada pola empresa de organización de eventos Trevisani que agotou as entradas
A Denominación de Orixe Ribeiro organizou a segunda actividade do seu programa Enocións by Ribeiro o xoves 11 de xuño na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago; nesta ocasión, coa participación do cociñeiro Pepe Solla, a catadora Cristina Alcalá e DJ Analís.
A proposta Enocións by Ribeiro quere reflectir as emocións que afloran durante a peregrinación a Santiago, a través dos sentidos, harmonizando disciplinas artísticas coa degustación de catro viños da Denominación de Orixe Ribeiro. Nesta ocasión as referencias de viños brancos a catar serán: Armán Finca Os Loureiros, Canción de Elisa, Colección 68 de Costeira Treixadura e Finca Viñoa.
A empresa galega de organización de eventos Trevisani achegou o seu persoal auxiliar e azafatas, apoio en comunicación, montaxe e xestión, dinamización e conceptualización da cita.
O cociñeiro Pepe Solla ofreceu catro creacións gastronómicas; os asistentes, que esgotaron as entradas, puideron coñecer a exposición Camino. A orixe cunha visita guiada en grupos reducidos.
A primeira sesión de Enocións by Ribeiro contou coa música de Guadi Galego e as fotografías de Xurxo Lobato e resultou un grande éxito; o 10 de setembro chegará a terceira e última co humor de Carlos Blanco.
Con estes eventos, a D.O. reforza a súa imaxe e marca, e divulga a imaxe dos seus viños