O Fórum Gastronómico de Girona, do 15 ao 17 de novembro
Despois do rotundo éxito do Fórum Gastronómico da Coruña 2015, o grande evento gastronómico xa presentou as liñas xerais do Fórum Gastronómico que vaise celebrar en Girona do 15 ao 17 de novembro
Trevisani é delegación en Galicia do Fórum Gastronómico e comercializa e colabora en distintas facetas deste evento.
A gran feira profesional volverá reunir destacadas empresas do sector nunha cita que terá como produto protagonista ao arroz.
Entre os cociñeiros e profesionais da gastronomía do programa estarán os irmáns Josep, Joan e Jordi Roca; Jordi Cruz; Sergio e Javier Torres; Dani García; Paco Pérez; Ángel León; Ricard Camarena; Fina Puigdevall; Nandu Jubany; Xavier Pellicer; Mateu Casañas; Eduard Xatruch; Oriol Castro; Kiko Moya ou Carles Tejedor. Non faltarán representantes franceses como Alexandre Mazzia ou Christophe Comes e os italianos Alessandro Negrini,Carmelo Chiaramonte ou Pietro Leemann.
As citas especializadas Fórum Viño e Fórum Doce tamén ofrecerán actividades.
Fórum Gastronómico é unha marca de Pep Palau, Von Arend & Associats.