“A primavera o Ensanche altera”, un gran evento de dinamización en Santiago
Un evento de dinamización da vida e o comercio no Ensanche de Santiago de Compostela
A Festa do Comercio foi o cumio da campaña “A primavera o Ensanche altera”, unha proposta de dinamización que procurou conxugar animación e comercio na zona nova da capital de Galicia organizada pola Fundación Santiago Centro, da man de Trevisani, que traballou en materias como produción, xestión, personal auxiliar, montaxe, contacto con colectivos participantes, proposta de actividades ou comunicación deste evento.
Dende as 11 da mañá e deica as 21:30 horas o Ensanche acolleu actuacións e exhibicións de distintos colectivos da cidade: música, baile, claqué, zumba, obradoiros para nenos, karaoke, sesión vermú, maxia, monólogos, pasarela de animais para adopción, conta contos, xogos tradicionais…
Ademais, nos establecementos tamén houbo promocións e actividades propias, coa mercadoría nas rúas.
Na Praza Roxa repartíronse agasallos directos ás persoas que entregaron unha cartilla selada que acredita compras nos asociados.
A Festa tamén conmemorará o Día Mundial do Comercio Xusto e contou coa presenza de Solidariedade Internacional, Oxfam Intermón e Panxea que nos seus postos conxugan información e diversión.
A Festa do Comercio e a campaña “A Primavera o Ensanche Altera” coincidiron no tempo coa celebración das Festas do Ascensión que, deste xeito, tamén se viven na rúa na Zona Nova da cidade.