Las Aulas activas de cocina vuelven a la Universidad de Santiago

organizacion-eventos-trevisani

A Universidade de Santiago abre novos cursos das súas aulas de gastronomía pedagóxica, para comunidade universitaria e público xeral, que se celebran no Colexio de Fonseca. Neste evento, Trevisani participa como secretaría, produción, deseño e imaxe e apoyo en labores de comunicación, entre outras tarefas.

O profesorado de prestixio conta cos cociñeiros Daniel Pulzoni, Jorge Carou ou a sumiller Mercedes González.

O luns 12 de xaneiro comeza o curso de tapas e pinchos de festa, cociña en miniatura para ocasións especiais. O curso impártese en tres clases de 2 horas, os luns do 12 ao 26 de xaneiro de 19:30 a 21:30 horas.

O curso de cociña con arroz realizarase do 2 ao 23 de febreiro, en catro clases de 2 horas. Son sesións para coñecer todos os segredos do arroz.

Pola súa banda, o curso de cociña de mar será entre o 2 e o 23 de marzo. Catro sesións de 2 horas nas que haberá peixes e algas.

O curso de cata de viños, a cargo de Mercedes González, celébrase do 4 de marzo ao 27 de maio. Son doce clases de 2 horas.

Ademais, é posible inscribirse nos cursos continuos de cociña niveis 1 e 2 que se corresponden cun coñecemento básico ou avanzado das técnicas de cociñado, respectivamente, e que se imparten durante unha hora e media semanal nas tardes dos martes. Estes cursos desenvólvense ata o 26 de marzo, con clases de hora e media.

Para conseguir toda a información sobre os cursos e formalizar a matrícula, as persoas interesadas deben dirixirse á Área de Cultura da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua, no Colexio de San Xerome, ou chamar aos teléfonos 88181018 e 881811103.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *