Dous eventos benéficos de altura en Santiago: Asociación Española contra o Cancro e Proxecto Home
A cidade de Santiago acolleu recentemente dous eventos benéficos de altura nos que Trevisani colaborou na súa posta en marcha e directo, con persoal e dotes de organización
O xoves 11 de xuño, precisamente a noite que se celebraba a segunda Enoción by Ribeiro na Cidade da Cultura, o Hotel Monumento San Francisco acolleu a gala benéfica solidaria para conmemorar o 25 aniversario de Proxecto Home Galicia. Máis de 300 persoas déronse cita neste evento que serviu de recoñecemento á entidade por parte de numerosos representantes da sociedade galega.
Ao día seguinte,o venres 12 de xuño, chegou a quenda da cea benéfica anual da Asociación Española contra o Cancro, no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia. Novamente, persoal auxiliar e azafatas de Trevisani decidiron colaborar de modo altruísta con este evento.