Non importa o tamaño. Trevisani, especialistas en pequenos e grandes eventos
A empresa de organización de eventos Trevisani ofrece solucións para eventos de calquera tamaño. Persoal auxiliar, montaxes creativas, azafatas, xornadas, congresos e reunións, contratación de catering, contacto con animación, músicos e tradutores, comunicación e deseño, xestión con locais de hostalaría e restaurantes…
Nos últimos meses aumentou o número de clientes que se puxeron en contacto con Trevisani para buscar axuda na organización de pequenos eventos, dende un pequeno catering para celebrar un doutoramento na Universidade de Santiago a unhas xornadas para conmemoraren o aniversario do Colexio de Avogados de Lugo.
No primeiro contacto xorde a dúbida de se tamén prestamos servizo para estes eventos, aparentemente de menos entidade que outras citas; ao que sempre respondemos que en Trevisani nos adaptemos a calquera tipo de cliente e prestamos a atención máis profesional a calquera traballo, grande ou pequeno.
E no caso de que o evento faga necesario contratar un provedor externo, a nosa carteira e experiencia fai que consigamos unhas condicións vantaxosas para os nosos clientes.