Eventos polo 50 aniversario dos estudos de economía en Galicia
A empresa de organización de eventos Trevisani colabora coa Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago na organización do seu calendario de celebracións
O curso 2017-18 que vén de comezar marca a celebración dos 50 anos dos estudos de economía en Galicia e máis da apertura da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago no curso 1967-68.
Con tal motivo, este centro preparou un extenso calendario de actividades que, nos próximos meses, servirán para conmemorar este aniversario e para pór en valor a traxectoria e o presente do seu traballo.
Trevisani colabora coa Facultade na organización, produción e comunicación destes eventos.
O martes 3 de outubro chegará a inauguración oficial deste programa. Será no Salón Nobre do Pazo de Fonseca e nel estarán presentes autoridades e ex alumnos, coma os ex presidentes da Xunta de Galicia e ex estudantes na Facultade Fernando González Laxe e Emilio Pérez Touriño.
Os relatorios na inauguración estarán a cargo dos profesores José Carlos de Miguel e María Carmen Guisán; e a música correrá a cargo do Espazo de Cámara da Universidade de Santiago.
Ademais, e conforme avance o curso, chegarán moitas outras citas. Entre elas poden apuntarse:
- Congreso “50 anos da Economía Galega”
- Encontro entre profesores de economía e empresa de ensino medio e superior
- Premios “Crearte na Universidade”
- Reunión da Confederación Española de Decanas e Decanos de Economía e Empresa
- Fase final da X Olimpíada Española de Economía
- Programa Emprega-T
- 12th Regional Innovation Policies Conference; o Foro de Emprego Compostalent – AIESEC; o Coloquio Ibérico de Economía Social
- V Encontro Internacional de Mozos Emprendedores
A Facultade da que é decana Emilia Vázquez Rozas convida ao conxunto da sociedade, a formaren parte deste aniversario.
O aniversario conta co portal web www.50aniversarioestudioseconomiagalicia.gal e contas en redes sociais.
Tarefas desenvolvidas por Trevisani nos eventos co gallo do 50 aniversario dos estudos de economía en Galicia
- Apoio na conceptualización global
- Secretaría técnica de congresos, reunións e presentacións
- Xestión de relatores
- Produción
- Apoio en protocolo e relacións públicas
- Deseño de imaxe e identidad gráfica
- Comunicación dos eventos
- Realización de entrevistas e recursos
- Contidos para portal web
- Creación e xestión de redes sociais
- Azafatas e personal auxiliar