“A Primavera o Ensanche altera”, evento da Fundación Santiago Centro

eventos-relaciones-publicas-campañaO comercio da zona nova de Santiago, agrupado na Fundación Santiago Centro, organiza da man de Trevisani unha campaña de dinamización

A Fundación Santiago Centro puso en marcha “A primavera o ensanche altera”, unha campaña de dinamización que quere conxugar animación e comercio na zona nova da capital de Galicia. Neste evento, Trevisani colabora na conceptualización, produción, deseño de imaxe, personal auxiliar, deseño de campaña de publicidade, realización de materiais promocionais e relacións públicas ou comunicación.

O punto culminante da campaña será o vindeiro sábado 16 de maio, cando as rúas do ensanche compostelán estean cheos de actividades, dende as 11 da mañá ata as 21:30 horas. Haberá actuacións e exhibicións de distintos colectivos da cidade e accións organizadas por establecementos asociados. Será a Festa do Comercio.

Outro dos atractivos da campaña consiste na repartición de agasallos directos ás persoas que entreguen unha cartilla selada na Praza Roxa ese 16 de maio, ata esgotarse stock. Esas cartillas xa están dispoñibles en 80 establecementos adheridos á Santiago Centro e constan de 6 recadros que se selan tras efectuaren compras. Os selos deben corresponderse a establecementos diferentes e a cartilla levará grampados os tíckets de compra.

Ademais, xa hai elementos de promoción na rúa, como unha bicicleta reclamo.

Ese sábado 16 de maio, os comercios estarán cheas de sorpresas e promocións e contarán cunha decoración acorde á temática primaveral.

Santiago Centro quere que a Festa do Comercio sexa unha festa de toda a cidade e artella unha celebración que coincide cunhas festas tan picheleiras como as da Ascensión.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *