Enocións by Ribeiro: un evento de arte e viño de calidade
A Denominación de Orixe Ribeiro volve confiar no equipo de Trevisani para un evento que se desenvolve en tres partes na Cidade da Cultura de Santiago
A Denominación de Orixe Ribeiro promove coa colaboración da Cidade da Cultura de Galicia Enocións by Ribeiro, un programa de actividades que quere reflectir as emocións que fan aflorar o Camiño de Santiago uníndoas aos viños da D.O. Ribeiro,
legado do Císter e historicamente ligados á ruta xacobea.
Serán tres ocasións únicas nas que os asistentes poderán gozar de distintas expresións artísticas, coñeceren algo máis dos viños da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia e participar nunha visita guiada á exposición Camiño. A Orixe.
Persoal auxiliar, tarefas de produción, apoio á comunicación, deseño, imaxe, dinamización de visitas, confirmación de reservas, azafatas… son algunhas das tarefas que a empresa de organización de eventosTrevisani leva a cabo.
O xoves 7 de maio chega a primeira das Enocións by Ribeiro. Serenidade, contemplación… son as emocións que atoparán os asistentes. Estes reuniranse no Punto de Encontro da Cidade da Cultura e, tras realizar o percorrido pola exposición Camiño. A Orixe, accederán á zona ‘enocións by’ para gozar coa música de Guadi Galego e as mellores imaxes sobre a Denominación de Orixe Ribeiro e o Camiño de Santiago do reputado fotógrafo Xurxo Lobato, acompañadas en todo momento pola cata comentada de catro viños singulares da man dun prestixioso personaxe do mundo vinícola de Galicia.
O xoves 11 de xuño chegará a exaltación e a forza da natureza a través da harmonía entre a gastronomía de Pepe Solla e outros catro viños, con acompañamento musical de DJ Analis. O cociñeiro de Casa Solla, estrella Michelín, elaborará unha serie de petiscos que evocarán a natureza do Camiño a través de olores, cores e sabores e acompañarán a catro viños do Ribeiro coas mesmas características.
A ledicia, a gratitude, o optimismo… serán as emocións que xurdirán coas palabras e o humor de Carlos Blanco. Un monólogo divertido, no que non han faltar referencias aos viños do Ribeiro, para o xoves 10 de setembro.e 12 euros;
Cada unha das tres accións ten un prezo de 12 euros; pódese mercar un bono para o conxunto das tres Enocións by Ribeiro a 30 euros. As entradas inclúen as actuacións, degustacións comentadas dos viños da D.O. Ribeiro e visitas guiadas a Camiño. A Orixe e están á venda nos propios eventos, en www.ataquilla.com, na Reixa Tenda, de Compostela e na sede do C.R.D.O. Ribeiro, en Ribadavia.
A exposición Camiño. A orixe presenta unha selección de 150 obras de artes e 11 intervencións artísticas, para mostrar unha visión contemporánea da ruta. Trátase dun proxecto dirixido por María García-Alén que se remonta no tempo ata o ano 820 d.C, co eremita Paio atopando a tumba do Apóstolo. Esta mostra conta con obras mestras de artistas como Durero ou Murillo, procedentes de institucións como a Galería Uffizi ou o Museo do Prado, e outras pezas dun alto valor cultural. Ademais, Camiño. A orixe complétase co proxecto Lugares xacobeos, intervencións artísticas realizadas por creadores da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo.
Para o C.R.D.O. Ribeiro, estar presente dentro da familia de mecenas da Cidade da Cultura, e participar como patrocinador activo desta exposición sobre a orixe do Camiño de Santiago, é un paso máis cara a consolidación da marca Ribeiro no seu mercado vocacional, Galicia, o principal consumidor de viños D.O. Ribeiro, así como alimentar a alianza histórica co Camiño de Santiago, sendo viticultores do Ribeiro protagonistas principais na construción de camiños e pontes a Santiago, dando lugar ao chamado Camiño Miñoto, un dos posibles eixos da ruta xacobea. Dentro do seu plan estratéxico o C.R.D.O. Ribeiro continúa o seu prantexamento de accións acordes á historia, a profesionalidade na xestión, a busca da excelencia na calidade, e a potenciación da marca, unha das mais recoñecidas de España.
A Denominación de Orixe Ribeiro está a reforzar a imaxe do #movimientoribeiro coa súa presenza en facebook (https://www.facebook.com/DenominacionOrixeRibeiro) e twitter @CRDO_Ribeiro.