Evento de entrega de premios da campaña de Nadal da Fundación Santiago Centro

eventos-galicia-entrega-premios-dinamizacionA Fundación Santiago Centro clausurou coa entrega de premios a súa campaña de nadal. Trevisani traballou neste evento en facetas como produción, deseño, dinamización, comunicación ou secretaría técnica

A Fundación Santiago Centro, que agrupa comerciantes da zona nova de Santiago, fixo entrega aos gañadores dos distintos premios da súa campaña solidaria de nadal “Ás túas compras dan luz” nun evento que se desenvolveu en Teté Niños, o establecemento onde se distribuíron máis papeletas afortunadas.

Esta campaña, a través da venda de rifas ou unha chocolatada na Praza Roxa, recadou fondos para a Cociña Económica de Santiago e dinamizou o comercio da zona. Un sorteo ante notario determinou os gañadores dos distintos premios.

Organizada pola Fundación Santiago Centro “Ás túas compras dan luz” contou co apoio da Consellería de Economía e Industria e de Abanca; na campaña tamén hai regalos achegados por Paradores, Quinta da Auga SPA ou Pazo Vista Alegre.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *