A Gala dos Premios Ribeiro 2018 celebrarase o 26 de xuño

monasterio de san clodio. premios Ribeiro.

César Lumbreras, Víctor la Serna e Sonia Prince de Galimberti, entre os premiados no evento que organiza a D.O. Ribeiro

A Denominación de Orixe Ribeiro vivirá o martes 26 de xuño a 7ª edición dos seus Premios D.O. Ribeiro, nos claustros do Mosteiro de San Clodio (Leiro-Ourense).

A empresa de organización de eventos e congresos Trevisani volve traballar nesta cita.

Un panel profesional de cata será o encargado de recoñecer aos mellores viños brancos, de adega e de colleiteiro, e tinto da Denominación de Orixe con máis historia de Galicia.

César Lumbreras, responsable de Agropopular na Cadena COPE, recollerá o premio “Persoeiro de Honra”; o xornalista Víctor de la Serna, de El Mundo Vino,  recibirá o galardón que recoñece a “Mellor tarefa de comunicación”, e Sonia Prince de Galimberti, presidenta da Asociación de Mujeres Amantes de la Cultura del Vino –  AMAVI  será galardonada co premio “Muller e viño”.

Neste evento anual recoñécese a profesionalidade nos establecementos galegos que axudan á difusión do mundo do viño, polo que se conceden galardóns en tres categorías específicas, outorgados polas adegas que pertencen á Denominación.

Na categoría de “Mellor tenda especializada – Viñoteca” son candidatos: Juncal Alimentación (Pontevedra), O Lagar (Burela) e La tienda de Lino (A Coruña).

Na categoría de “Mellor taberna – Bar de viños”, os aspirantes son: Artesana (Santiago), Baraciña (Vigo) e Tamarindo (Ourense).

Por último, na categoría de “Mellor servizo de viño en restaurante”, os finalistas son: La casa de las 5 puertas (Pontevedra), Paprica (Lugo) e Bacelo Taberna Vinaria (Ourense).

Traballos de Trevisani neste evento

Desde Trevisani trabállase na Gala dos Premios Ribeiro 2018 en materias como:

  • Apoio en Protocolo e Relacións Públicas
  • Secretaría técnica
  • Conceptualización dun evento diferenciador
  • Confección e actualización de base de datos de público obxectivo.
  • Secretaría técnica permanente e confirmacións
  • Deseño de escenografía e produción
  • Xestión de axenda con  personalidades
  • Colaboración na comunicación e difusión do evento (fotografía, notas de prensa, relación con medios… )
  • Xestión do directo e apoio de persoal  (azafatas e persoal auxiliar de relacións públicas)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *