Trevisani, de novo na gala dos Premios da Denominación de Orixe Ribeiro

premiados en la gala de premios de la D.O. Ribeiro 2016Os Premios D.O. Ribeiro celebraron a súa quinta edición nunha Gala organizada polo seu Consello Regulador da man da empresa de organización de eventos Trevisani

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro volveu  reparar na empresa de organización de eventos Trevisani para pór en marcha a actividade.

Traballos de Trevisani neste evento

O equipo Trevisani ocupouse de aspectos como:

  • Secretaría técnica
  • Conceptualización dun evento diferenciador
  • Confección de base de datos de público obxectivo. Distribuidores, maioristas e cadeas hoteleiras
  • Organización de viaxe de prensa especializada e xeral Press Trip
  • Secretaría técnica permanente e confirmacións
  • Protocolo e Relacións Públicas
  • Deseño de escenografía e produción
  • Xestión de axenda con  personalidades
  • Colaboración na comunicación e difusión do evento (fotografía, notas de prensa, relación con medios… )
  • Xestión do directo e apoio de persoal  (azafatas)

Premiados na Gala da D.O. Ribeiro 2016

Durante o evento entregáronse os galardóns aos mellores viños da D.O. Ribeiro, designados por un panel de cata de expertos, que onte mesmo participou na cata final con mostras recollidas en mercado, seis de cada categoría.

O mellor viño branco de adega é para Ramón do Casar Treixadura 2015 de Adega Ramón do Casar; o mellor viño branco de colleiteiro recae en Pazo Tizón Extramundi 2015 de Pazo Tizón; e o mellor viño tinto é Viña Uzal 2015 de Julia Guntín Villanueva.

Foron finalistas na categoría de branco de adega Farnadas, de Pazo Vieite; Cunqueiro III Milenium de Bodegas Cunqueiro e Expresión de Pazo do Mar, de Adegas Pazo do Mar.

Na categoría de branco de colleiteiro chegaron á final Eduardo Bravo, de José González, Pazos de Albor, de Mónica Albor e Mauro Estévez, de José Estévez.

E por último, en canto aos tintos, Val do Deva, de Pilar Rivera; Señorío de Beade, de A Portela e Sameirás, de Antonio Cajide, foron os finalistas.

O xornalista Cristino Álvarez recibiu o Premio Persoeiro de Honra 2016”, en recoñecemento á súa traxectoria e máis á divulgación dos viños da D.O. Ribeiro a través das súas crónicas.

Tamén quíxose homenaxear o traballo dunha vida do viticultor e adegueiro Avelino Lorenzo, co Premio Vida entre Vides.

Como “Mellor Tarefa de Comunicación” galardoouse a Salvador Manjón (director da revista especializada La Semana Vitivinícola); e Mayte Santa Cecilia, directora de márketing e de compras das madrileñas tendas Bodega Santa Cecilia recibiu  o Premio “Muller e Viño”.

Ademais, na cerimonia recoñeceuse aos profesionais e establecementos galegos que procuran a excelencia.

En “Mellor Servizo de Viño en Restaurante” destacouse ao Restaurante Galileo; o Premio “Mellor Tenda Especializada – Viñoteca” foi para Santorum; e o galardón á “Mellor Taberna-Bar de Viños” recaeu en O Bacoriño.

Foron finalistas O Retiro da Costiña e Restaurante Campos na categoría de “Mellor Servizo de Viño en Restaurante”; El Yate e La Sucursal, na de “Mellor Tenda Especializada – Viñoteca”; e Adega do San Vicente e Bagos, na categoría de “Mellor Taberna – Bar de Viños”.

Entre os máis de 300 asistentes estiveron autoridades coma o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, e a conselleira do Medio Rural, Ánxeles Vázquez.

Tampouco faltaron neste evento profesionais chegados de toda España, como maioristas e xornalistas especializados.

O actor ourensán Sergio Pazos foi o presentador dunha cerimonia que demostrou o bo momento dos viños da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia.

Premio Gañador
Mellor Viño Branco Adega Ramón do Casar Treixadura 2015
Mellor Viño Branco Colleiteiro Pazo Tizón Extramundi 2015
Mellor Viño Tinto Viña Uzal 2015
Premio Gañador
Persoeiro de Honra Cristino Álvarez
Muller e Viño Mayte Santa Cecilia
Mellor Tarefa de Comunicación Salvador Manjón
Vida entre Vides Avelino Lorenzo
Premio Gañador
Mellor Servizo de Viño en Restaurante Galileo (Ourense)
Mellor Tenda Especializada – Viñoteca Santorum (Ourense)
Mellor Taberna – Bar de Viños O Bacoriño (Ferrol)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *