O evento Enocións by Ribeiro volve á Santiago con Carlos Blanco
O programa de eventos Enocións by Ribeiro, no que toma parte a empresa de organización de eventos Trevisani, chega ao seu remate coa actuación de Carlos Blanco o 10 de setembro, na Cidade da Cultura
A Denominación de Orixe Ribeiro e Carlos Blanco alíanse na terceira e derradeira actividade do programa Enocións by Ribeiro, que se vai celebrar o xoves 10 de setembro na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago.
A empresa galega de organización de eventos Trevisani aporta a conceptualización do evento, personal auxiliar e azafatas, apoio en comunicación, montaxe e xestión, ou a dinamización e deseño de imaxe, entre outras tarefas.
Carlos Blanco ofrecerá un monólogo no que estarán moi presentes o mundo do viño e máis as emocións que se viven ao rematar o Camiño: ledicia, gratitude, optimismo… ao mesmo tempo que os asistentes poderán degustar referencias das adegas: Casal de Armán, Reboreda, Viña Costeira e Pazo Casanova, da man do director do Instituto Galego do Viño (INGAVI) e sumiller do restaurante Pepe Vieira, Xoán Cannas.
Do mesmo xeito organizaranse grupos reducidos para coñecer a exposición Camiño. A orixe.
A xornada comezará ás 19.00 horas no Museo Centro Gaiás, cun prezo de 12 euros. As entradas están á venda en www.ataquilla.com ou na Reixa Tenda, de Santiago de Compostela.
As sesións anteriores do Enocións by Ribeiro esgotaron ás súas entradas e contaron coa música de Guadi Galego, a gastronomía de Pepe Solla, as fotografías de Xurxo Lobato, a catadora Cristina Alcalá ou a animación de DJ Analís.