Día do Emprendedor de Galicia 2015, evento en Santiago de Compostela

dia-emprendedor-galicia-eventos-

A oitava edición do Día do Emprendedor de Galicia reuniu a 300 empresarios e emprendedores, nunha xornada organizada polo IGAPE e a Fundación EOI

A empresa de organización de eventos Trevisani traballou na produción, deseño de escenografía, apoio a comunicación, persoal auxiliar e azafatas, dinamización de asistencias ou soporte ao directo, entre outras tarefas.

O eixo da xornada foi o Obxectivo 3C: crear, consolidar e crecer en 2016. Por iso, os asistentes puideron asistir a distintas intervencións nas que se destacou a importancia da implementación e crecemento do proxecto; elementos que poden minimizar o risco; e solucións para alcanzar o obxectivo de crear, consolidar e construír unha estratexia para 2016.

Pola súa banda, a montañeira Edurne Pasaban foi a relatora da primeira conferencia.

O Día do Emprendedor supuxo o colofón ao ciclo de 4 xornadas en materia de emprendemento que previamente se celebraron nas distintas provincias galegas.

Premios Galicia Emprende

No transcurso da xornada desveláronse os proxectos que resultaron gañadores dos Premios Galicia Emprende. Obtiveron o recoñecemento Sinergia G6 en categoría Industrial; Situm Technologies, na categoría Internacional; e R Cable y Telecomunicaciones Galicia, na categoría Competitiva

A Fundación EOI e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) son os organizadores deste concurso que quere recoñecer os mellores proxectos emprendedores de calquera sector de actividade.

Entre os atractivos do Día do Emprendedor de Galicia tamén destacou o asesoramento individualizado que puideron recibir os asistentes para os seus proxectos, en materia de internacionalización, estratexia, márketing e finanzas. Desenvolvéronse un total de 160 citas dentro desta aposta polo asesoramento.

En conxunto, durante o evento celebráronse distintas actividades.

Un programa composto por varios itinerarios específicos para emprendedores

  • 6   intervencións   mestras   sucesivas   de 6 expertos   en diferentes temáticas   de emprendemento
  • 10 asesores ofrecendo asesoramentos individuais.
  • Un espazo de Robótica.
  • Gran final do concurso Galicia Emprende e entrega de premios.

Os relatores e empresas que amosaron as súas experiencias en emprendimiento foron Roberto Goñi (Sinergia G6); Rafael Martínez-Carrasco (Arxon Estratexia); Óscar Santamaría (GMA); Ramiro Ledo (Numax); Juan Carlos Mascato (Ibérica de esponxas vexetais). Pola súa banda, o espazo de Robótica estivo a cargo de VermisLAB.

O Día do Emprendedor de Galicia está cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Ministerio de Industria, Energía y Turismo e máis o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *