Xornada presentación da “Estratexia galega de cambio climático e transición enerxética 2050”.
Evento de presentación no Palacio de Congresos de Galicia da estratexia galega contra o cambio climático
O Palacio de Congresos de Galicia en Santiago acolleu o venres 23 de xuño o evento de presentación da “Estratexia galega de cambio climático e transición enerxética 2050”.
Foi unha cita de altura que fomentou a reflexión e o diálogo interdisciplinar.
Segundo a Xunta Galicia, trátase dunha “estratexia que definirá o xeito de producir e de consumir, e o compromiso por seguir investindo en enerxías renovables, por apostar pola eficiencia enerxética e por seguir apoiando as tecnoloxía de produción hipocarbónicas”.
Máis de 1.000 destacados profesionais galegos de sectores como a industria, enerxía, mobilidade, forestal, universidade, medioambiental, pesqueiro, empresarial… foron contactados para esta xornada.
“Hoxe é mañá” foi o eslogan desta sesión na que a empresa de organización de eventos e congresos Trevisani desempeñou distintas tarefas.
Tarefas de Trevisani no evento
Entre outros traballos, na xornada de presentación da “Estratexia galega de cambio climático e transición enerxética 2050”, Trevisani encargouse de:
- Produción
- Persoal auxiliar e azafatas
- Secretaría técnica