Evento benéfico cun concerto enoacústico de Pablo Carbonell e Ribeiro en Santiago

evento-musica-ribeiro-carbonell-concierto

Pablo Carbonell e a denominación de Orixe Ribeiro ofrecen un concerto a prol da cociña económica de Santiago o 6 de decembro

A Denominación de Orixe Ribeiro organiza un concerto enoacústico de Pablo Carbonell a prol da cociña económica de Santiago, que se celebrará o 6 de decembro na Capela Real do Parador Hostal dos Reis Católicos da capital galega.

Trevisani traballa nesta cita en labores de produción, comercialización ou comunicación.

A cita comezará ás 21:30 horas e xa ten as súas entradas donativo á venda, a un prezo de 12 euros, na Reixa Tenda (Rúa de Mazarelos, 9).

Durante o concurso Santiago(é)Tapas, que se celebra na cidade ata o domingo 30 de novembro, os clientes que consuman viños Ribeiro coas súas tapas poden conseguir entradas de balde, seguindo as instrucións do seu tapasporte.

O concerto está organizado pola D.O. Ribeiro e conta co patrocinio de Banco Sabadell Gallego e a colaboración de Paradores.

Todos os beneficios do concerto serán destinados á cociña económica de Santiago.

evento-ribeiro-pablo-carbonell

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *