Balance positivo do Encontro de profesorado de Economía e Empresa de ensino medio e superior, na Universidade de Santiago
Este evento xuntou na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da capital de Galicia a máis de cen profesores
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago foi a sede para o “Encontro de profesorado de Economía e Empresa de ensino medio e superior”, o venres 26 de xaneiro.
Tratouse dunha cita enmarcada no programa de eventos que conmemora o 50 aniversario dos estudos de Economía en Galicia.
A empresa de eventos e congresos Trevisani participa neste programa, encargándose de distintas tarefas.
Tomaron parte da inauguración do Encontro o reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño; o secretario xeral de Universidades da Xunta, José Alberto Díez de Castro; a decana do centro santiagués, María Emilia Vázquez; Mari Luz Marco, presidenta da Asociación Olimpiada Española de Economía; e o coordinador programa A Ponte da USC, Luís Hervella Torrón.
Entre as materias que se trataron, Vázquez destacou “os cambios derivados da LOMCE e os procesos de avaliación nas probas de acceso á Universidade; as novas formas de organización empresarial e as profesións dentro da economía dixital”.
Tamén houbo tempo para “unha sesión de experiencias novidosas de ensino-aprendizaxe e para matinar na importancia da educación financeira en todos os niveis educativos”.
Olimpíada Española de Economía
As autoridades da USC e máis a Xunta Directiva da Asociación Olimpíada Española de Economía aproveiton a xornada para asinaren o acordo para a realización da fase estatal deste evento no centro compostelán, os días 25, 26 e 27 de xuño.
A Olimpíada Española de Economía, que cumpre este ano o seu décimo aniversario, é unha proba que conta co recoñecemento oficial por parte do Ministerio de Educación, Cultura e Deportes.
Neste evento participan estudantes de bacharelato de toda España, que se seleccionan nas fases que a nivel local se realizan en máis de 40 Facultades.
A fase galega da Olimpíada será en abril, na Facultade de CC. Empresariais e Turismo da Universidade de Vigo en Ourense.
Tarefas desenvolvidas por Trevisani nos eventos co gallo do 50 aniversario dos estudos de economía en Galicia
Entre os distintos traballos levados a cabo por Trevisani na organización do 50 aniversario están:
- Apoio na conceptualización global
- Secretaría técnica de congresos, reunións e presentacións
- Xestión de relatores
- Produción
- Apoio en protocolo e relacións públicas
- Deseño de imaxe e identidad gráfica
- Comunicación dos eventos
- Realización de entrevistas e recursos
- Contidos para portal web
- Creación e xestión de redes sociais
- Azafatas e personal auxiliar
- Apoio na procura de patrocinios
- Elaboración de materiais