En marcha o Fórum Gastronómico da Coruña 2014, Trevisani estará aí
Fórum Gastronómico e o Concello de A Coruña acordaron a súa celebración do 23 ao 25 de febreiro de 2014 no recinto feiral ExpoCoruña. Desta forma, confírmase a consolidación do evento en Galicia, referente obrigado para o sector enogastronómico e ao que Trevisani está unida desde o seu desembarco en Galicia.
Trevisani é empresa asociada a Fórum Gastronómico para Galicia e, así, traballa na súa comercialización, produción, comunicación…
O acordo alcanzado co Concello da Coruña permitirá a continuidade do Fórum en Galicia así coma o seu crecemento, xa que pasará a celebrarse en ExpoCoruña do 23 ao 25 de febreiro de 2014.
Segundo os directores de Fórum Gastronómico, Jaume von Arend e Pep Palau “este traslado era necesario debido ao crecemento que o evento experimentou nos últimos años, motivo polo cal resultaba indispensable un espazo físico maior e ExpoCoruña é, sen dúbida algunha, o lugar ideal para a súa celebración”