O programa Galicia On da Televisión de Galicia achégase ao traballo de Trevisani

eventos galiciaGalicia On está a preparar un programa sobre a innovación no mundo dos eventos e escolleu a Trevisani para amosalo

A sede de Trevisani recibiu a un equipo do programa Galicia On, da Televisión de Galicia, que está realizando un episodio sobre o mundo dos eventos.

Distintos integrantes do equipo e a directora Ana Trevisani reflexionaron sobre a innovación, o uso das tecnoloxías ou as redes sociais diante das cámaras.

Tampouco faltou a recollida de imaxes do traballo na oficina.

O programa Galicia On

Collendo a definición do seu portal web:

Innovar é converter as novas ideas en valor. Galicia On presenta a cultura innovadora nos sectores produtivos galegos, cunha introdución sobre os seus antecedentes e profundando en dous casos actuais de éxito.

O programa inclúe un test coas valoracións dos consumidores ou usuarios.

Todo o equipo de profesionais de Trevisani síntese honrado por esta visita e o ser escollido coma exemplo.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *