El Malandro Azul celebra a súa festa Mini Gin Tonics

el-malandro-azulEl Malandro Azul, na Rúa do Vilar 85, celebra este xoves 15 de decembro a súa primeira Festa Mini Gin Tonics, a partir das 23:00 horas.

El Malandro, empresa que agrupa dous locais de hostalería de Santiago de Compostela, confiou nos servizos da empresa de organización de eventos Trevisani para dinamizar os seus eventos e máis a súa comunicación, así como as súas redes sociais.

Os asistentes poderán gozar coas creacións e habilidades de Marcos Martínez Iglesias, cocteleiro de Pernod Ricard quen manexará marcas distinguidas de xenebra e tónicas Premium co seu toque maestro.

O emblemático local abre unha nova etapa na que ofrece distintos ambientes ao longo do día: cafetería de mañá, vermutería para aperitivos e pub nocturno; co seu amplo horario de 8 a 3. Ademais, o seu servizo de cociña ofrece petiscos de elaboración propia.

A decoración e o bo ambiente serán un extra a esta celebración, na conta atrás de cara as festas de Nadal e Aninovo.

El Malandro Azul únese deste xeito a El Malandro, na Rúa Santiago de Chile 2, cunha oferta común moderna e de calidade, sen renunciar á sabiduría gañada cos anos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *