O Fórum Gastronómico da Coruña busca a las mejores pulpeiras de Galicia

Concurso de Pulpeiras - Fórum Gastronómico

O Fórum Gastronómico da Coruña  será o escenario da cuarta edición do Concurso de Pulpeiras de Galicia, que se celebrará o próximo 23 de febreiro. Poderán presentarse ao certame un máximo de 8 profesionais especializados na cocción e o servizo de polbo que desenvolvan a súa actividade na comunidade e que presenten a súa candidatura antes do día 7 do mes próximo.

O xurado estará composto por prestixiosos cociñeiros, gastrónomos e persoas do mundo da cultura e puntuará criterios como o sabor do polbo, a textura e o punto de cocción, o aliño e o corte e presentación. O primeiro premio está dotado con 1.000 euros, o segundo 400 euros e o terceiro 200 euros. As bases xa están dispoñibles na web do Fórum Gastronómico, que se celebrará en ExpoCoruña do 23 ao 25 de febreiro.

En 2012 conseguiu a primeira posición no certame Palmira Acuña, do restaurante Casa Acuña da Illa de Ons; en 2010, Carmen Eyo (A Estrada); e no 2008, Aurora Baranda (O Carballiño).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *