A doazón de óvulos en IRAGA – Unidad de Reproducción Asistida La Rosaleda esperta interese

comunicacion-relaciones-publicas-trevisani-galicia-santiago-iraga

Numerosos medios de comunicación realizaron reportaxes sobre esta campaña preparada desde Trevisani

IRAGA-Unidad de Reproducción Asistida La Rosaleda, centro ubicado en Santiago de Compostela, lanzou en febreiro unha campaña para fomentar a doazón de óvulos e, para elo, confiou nos servizos da empresa de organización de eventos Trevisani.

Entre os traballos desenvolvidos para este centro dirixido polo dr. José Codesido están:

  • Deseño de accións publicitarias
  • Gabinete de prensa. Xestión de presencia da marca en medios locais, prensa, radio e plataformas dixitais
  • Deseño da imaxe, a cargo da deseñadora María Pereiró
  • Produción de papelería, novos folletos e carteis corporativos
  • Persoal auxiliar de reparto na rúa e lugares de interese

Meses despois da súa celebración, a campaña segue a espertar interese entre as posibles doadoras, cuxo número medrou de xeito notable, e medios de comunicación. Así, realizáronse varias reportaxes en televisión e radio, coma o emitido o 21 de maio pola Televisión de Galicia.

Televisión de Galicia – IRAGA

Equipo e servizos de IRAGA, Unidade de Reprodución Asistida La Rosaleda

Iraga Unidade de Reprodución Asistida La Rosaleda leva desde o ano 2000 axudando a mulleres a cumprir o seu soño de seren nais. As súas instalacións están en Santiago de Compostela, onde ofrece un servizo integral.

O centro sempre destacou pola innovación e as súas taxas de éxito, superiores ás taxas marcadas pola ASEBIR (Asociación Española polo estudo da Bioloxía Reprodutiva).

Conta con departamentos de xinecoloxía, psicoloxía e embrioloxía. No centro, ademais de doazón de óvulos e de ofrecer un amplo catálogo de opcións para os pacientes que desexan ser pais, realízase ecografía en 4D.

Iraga forma parte de Anacer, Asociación Nacional de Clínicas de Reprodución Asistida, a maior rede de clínicas de reprodución asistida de España. O actual presidente da asociación é o propio dr. José Codesido.

Todos os seus servizos e instalacións están avalados por un sistema de xestión da calidade referendado co selo ISO 9001.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *