Emprendedores e empresarios teñen unha cita o venres 30 de outubro, no Día do Emprendedor de Galicia

empresa-organizacion-eventos-galiciaDurante a xornada, celebrarase a fase final dos Premios Galicia Emprende e terán lugar diversos itinerarios enfocados a emprendedores, entre eles, a conferencia inaugural que correrá a cargo de Edurne Pasaban

O venres 30 de outubro celebrarase o Día do Emprendedor de Galicia, no Hotel Convento San Francisco de Santiago.

Unha cita organizada pola Escola de Organización Industrial que suporá o broche ao ciclo de 4 xornadas en materia de emprendemento que previamente se celebraron nas distintas provincias galegas.

A empresa de organización Trevisani participa nesta xornada en tarefas de persoal auxiliar, azafatas e apoio á comunicación, protocolo e relacións públicas entre outras funcións.

As inscricións, tanto para a xornada como para os Premios Galicia Emprende, son de balde e atópanse abertas.

Esta edición centra a súa actividade no Obxectivo 3C: crear, consolidar e crecer en 2016.

Por elo, nas intervencións, destacarase a importancia da implementación e crecemento do proxecto; elementos que poden minimizar o risco; e solucións para alcanzar o obxectivo de crear, consolidar e construír unha estratexia para 2016.

A conferencia inaugural correrá a cargo de Edurne Pasaban, a primeira muller que subiu os 14 picos de máis de 8.000 metros do planeta.

No Día do Emprendedor de Galicia, os asistentes poderán obter asesoramento en áreas como a estratexia (plan de negocio), internacionalización de empresas, márketing ou finanzas.

Entre as actividades que se celebrarán na xornada están:

Un ambicioso programa composto por varios itinerarios específicos para emprendedores

  • 6   intervencións   mestras   sucesivas   de 6 expertos   en diferentes temáticas   de emprendemento
  • 10 asesores ofrecendo asesoramentos individuais.
  • Un espazo de Robótica.
  • Gran final do concurso Galicia Emprende e entrega de premios.

Premios Galicia Emprende no Día do Emprendedor de Galicia

A Fundación EOI e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) organizan este concurso que pretende recoñecer os mellores proxectos emprendedores de calquera sector de actividade no Día do Emprendedor de Galicia.

Os participantes deben realizar un vídeo de cinco minutos presentando o seu proxecto, explicando dun xeito atractivo as características, estratexias e viabilidade potencial do mesmo e apuntarse na web da xornada.

Existen 3 categorías no concurso: Industrial, Internacional e Competitiva.

Máis información en: https://www.eoi.es/es/eventos/18556/dia-del-emprendedor-de-galicia-santiago-de-compostela

O Día do Emprendedor de Galicia é de asistencia gratuíta e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

Traballos de Trevisani neste evento

Entre outras tarefas deste congreso, Trevisani traballa en:

  • Personal auxiliar, azafatas e azafatos
  • Apoio á comunicación
  • Protocolo e relacións públicas
  • Apoio á secretaría técnica
  • Xestión de asistentes

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *