Un cupón da ONCE moi especial

diseño cupón once económicas GaliciaO cupón da ONCE do 5 de outubro contou cun deseño elaborado polo equipo de Trevisani

A ONCE sumouse á conmemoración do 50 aniversario dos estudos de Economía en Galicia coa emisión dun cupón dedicado a esta celebración.

A ilustración do mesmo era a imaxe conmemorativa do aniversario, deseñada polo equipo de Trevisani.

O boleto correspondeu ao da xornada do xoves 5 de abril, festividade de San Vicente Ferrer, patrón desa rama de estudos.

O cupón presentouse na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago nun acto no que participaron a decana do centro, Emilia Vázquez, e o director da ONCE en Santiago de Compostela, José Antonio Riveiro Canosa.

Este curso 2017-18 é senlleiro para o centro pois celébranse os 50 anos da súa posta en marcha, ao igual que para os estudos universitarios de Economía en Galicia, e ao longo do mesmo estanse a celebrar numerosas actividades conmemorativas.

Día de San Vicente Ferrer na Facultade de Económicas de Santiago

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago celebrou a festividade de San Vicente Ferrer, patrón dos seus estudos, cun evento no que se desvelaron os gañadores de distintos premios académicos, artísticos e honoríficos.

Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) recibiu o premio Premio Fulget 2017, que recoñece a empresas ou colectivos empresariais galegos que destacan polo seu traballo a prol das mellores relacións entre a actividade económica e a súa contorna profesional.

No evento entregáronse os premios do certame de pintura CreArte na Universidade 2018. Sara Piñeiro Fernández acadou o 1º premio con “Holocausto”; e Víctor Rodríguez Espiñeira obtivo un accésit coa obra “Estación”.

Próximamente chegarán citas como o congreso 50 anos de economía en Galicia ou a X Olimpíada Española de Economía.

Tarefas da empresa de organización de eventos na conmemoración

Ademais de na imaxe,  Trevisani traballa nestes eventos en distintas facetas como: protocolo

  • relacións públicas
  • secretaría de congresos
  • persoal auxiliar
  • azafatas
  • elaboración de documentación
  • relacións cos medios de comunicación
  • procura de patrocinios
  • servizos de fotografía e vídeo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *