Antoni Bruel e Cruz Vermella Española, no novo evento de “Conferencias con Solidariedade”
O coordinador de Cruz Vermella Española, Antoni Bruel, intervirá na cuarta sesión do ciclo “Conferencias con Solidariedade”, o mércores 5 de outubro, ás 20:00 horas e con entrada libre. Será no Auditorio Abanca de Santiago, na Rúa do Preguntoiro, 23
Como indica o seu título “Exclusión social, refuxiados… o traballo de Cruz Vermella, hoxe”, Antoni Bruel vaise achegar aos novos xeitos que adopta a exclusión social e máis ás angueiras que efectúa Cruz Vermella en distintos eidos, como na crise dos refuxiados.
Suporá o cuarto exemplo dentro do ciclo “Conferencias con Solidariedade”, que forma parte do programa especial de actividades impulsado polo Xacobeo con motivo do Año Xubileo Extraordinario da Misericordia
O moderador nesta cita será o xornalista Luís Pardo.
Tarefas de Trevisani neste congreso
A empresa de organización de eventos Trevisani volve participar neste ciclo, no que, entre outras tarefas, aborda:
- Conceptualización do ciclo
- Xestión e selección de relatores
- Protocolo e relacións públicas
- Dinamización
- Persoal auxiliar e azafatas
- Atención ao directo
- Apoio a comunicación
- Deseño, en colaboración con María Pereiró
Antoni Bruel, de Cruz Vermella
Antoni Bruel i Carreras, coordinador de Cruz Vermella Española desde 1994, tivo o seu primeiro contacto coa organización xa no 1974, coma voluntario en Cruz Vermella Mocidade.
Encárgase de coordinar os departamentos de Intervención Social, Voluntariado e Desenvolvemento Local, Formación, Medio Ambiente, Saúde e Socorros e Emerxencias, Cruz Vermella Mocidade, Centro de Coordinación, Centro de Estudos do Dereito Internacional Humanitario e Cooperación Internacional do organismo.
Tamén asiste ás reunións do Movemento Internacional de Cruz Vermella e de Media Lúa Vermella.
Conferencias Con Solidariedade
O ciclo “Conferencias con Solidariedade” está conformado dentro do programa de actividades impulsado polo Xacobeo con motivo do Ano Xubileo Extraordinario da Misericordia.
A primeira conferencia do ciclo correu a cargo dos representantes de distintas organizacións locais de Santiago de Compostela: Lorena Seijo, de Asemblea de Cooperación Pola Paz (ACPP); José Anuncio Mouriño, de Cáritas; Pablo Rodríguez, de Entreculturas; e Miño Guerreiro, de Enxeñería Sen Fronteiras.
O protagonista da segunda cita foi Manuel Blanco, bombeiro sevillano que traballa axudando aos refuxiados que chegan por mar á illa de Lesbos (Grecia).
Blanco é cofundador e vicepresidente da asociación sen ánimo de lucro Proem-AID.
José Antonio Bastos, presidente de Médicos Sen Fronteiras España, foi quen intervíu na terceira sesión dun ciclo, que pechará o 19 de outubro con Vicente del Bosque, Embaixador de honra do Camiño de Santiago.