O Congreso Nacional de Formación Regrada en Seguridade Privada reivindicou a profesionalidade no sector
O evento celebrado en Ourense contou cos servizos de Trevisani para a súa realización
O I Congreso Nacional de Formación Regrada en Seguridade Privada, que se celebrou na cidade de Ourense entre o 9 e o 11 de marzo, supuxo unha chamada a favor da excelencia no sector da formación en seguridade privada.
Cultura de Seguridade, Formación e Información. Un Proxecto Compartido foi o lema deste evento, pioneiro en España, promovido desde a Asociación Nacional de Profesores Acreditados de Seguridade Privada ANPASP, que preside Miguel Gawenda.
O seu obxectivo de partida foi emendaren as deficiencias na formación dos profesionais deste sector, a través de 10 mesas redondas e 9 talleres prácticos; así como definir a folla de ruta do futuro da preparación no sector abarcando os seus distintos actores, como son o persoal operativo, os directores e xefes de seguridade, e os detectives privados.
Ao congreso asistiron 60 relatores e un total de 130 congresistas chegados de distintos puntos de España e a Unión Europea, que acudiron á chamada dun exhaustivo programa que contaba coa presenza de distintas universidades, centros de formación, representantes de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, asociacións e colectivos profesionais, sindicatos e xornalistas especializados, entre outras voces autorizadas do sector.
Os obradoiros prácticos contaron con simulacións de tiro, lume e escáneres a cargo de representantes de firmas destacadas no seu campo; neles, e tras unha primeira explicación do seu funcionamento, os congresistas tiveron a oportunidade de realizar manobras de reanimación ou extinción de chamas.
O Congreso Nacional de Formación Regrada en Seguridade Privada está organizado pola Asociación Nacional de Profesores Acreditados de Seguridade Privada (ANPASP) e coorganizado pola Deputación de Ourense; e conta coa colaboración do Concello de Ourense, a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) e Sabico Seguridade.
Tarefas desenvolvidas dende o equipo de Trevisani no congreso de formación regrada en seguridade privada
Entre os traballos desenvolvidos polo equipo de Trevisani neste evento estiveron:
- Produción
- Deseño e escenografía
- Imaxe
- Xestión de patrocinios
- Relación coas institucións
- Atención no directo
- Xestión de relatores
- Apoio a protocolo e relacións públicas
- Persoal auxiliar e azafatas
- Gabinete de prensa
- Dinamización en redes sociais e contidos no portal web