Trevisani, no congreso de OPC España de Alcalá de Henares

congresos y eventos España ReuniónNa reunión da Federación Española de Asociaciones de Empresas de Organización Profesional de Congresos anunciouse a aparición do Foro MICE

 

O ente sectorial que agrupa os organizadores profesionais de congresos e eventos, OPC España, celebrou o seu 30º congreso do 15 ao 17 de febreiro en Alcalá de Henares.
OPC Galicia, cuxa actual presidenta é Ana Trevisani, non faltou a esta cita que reuniu a preto de 200 profesionais.
O balance desta edición é positivo de abondo; e cómpre salientar o sobresaliente contido do seu programa.
Ademais, o sector MICE español, que suma o turismo de congresos, reunións, incentivos e exposicións deu un paso que pode ser decisivo para a súa institucionalización, co nacemento de Foro MICE.
Entre as temáticas do congreso estiveron:
  • lntelixencia artificial e o mundo dixital
  • Eventos médicos
  • Servizos tradicionais vs. novas tendencias
  • Criterios para seleccionar un destino nun congreso internacional
  • Seguridade nos eventos
  • Optimización das redes sociais
  • Neurociencia aplicada aos eventos
  • Organización de eventos en cidades españolas Patrimonio da Humanidade
  • Debate sobre “Palacios de Congresos vs OPC’s”

O Congreso foi inaugurado pola Secretaria de Estado de Turismo, Matilde Asián, quen resaltou a importancia da calidade e a diversificación que achega o turismo MICE, así como o impacto xerado na economía.

“Superamos o récord de gasto diario por turismo no noso país e foi grazas ao turismo de congresos”, debullou Asián.

A Presidenta de OPC España, Matilde Almandoz, agradeceu ás autoridades a súa asistencia e pediu “o seu apoio no desenvolvemento do Foro MICE e en impulsar unha relación público-privada sustentable e tan necesaria para esta industria”.

Carlos de Sebastián, Presidente de OPC Madrid, tamén pediu ás autoridades que se interesen pola medición de toda a cadea de valor do sector MICE.

Jorge Luengo, neuropsicólogo, enxeñeiro e ilusionista, foi o encargado de presentar o Congreso e protagonizar un relatorio.

Ademais dos profesionais de eventos e congresos, en Alcalá déronse cita xerentes de destinos, cadenas hotaleiras, proveedores de servizos, axencias de azafatas…

Nacemento do Foro MICE

O congreso de OPC España deparou un momento que pode ser clave no desenvolvemento do sector MICE a nivel estatal: o nacemento do Foro MICE.

Durante o Congreso, Site Spain, Spain DMCs, ICCA Iberia, MPI Spain e OPC España, as principais asociacións da industria e asociados do Foro, anunciaron a súa posta en marcha.

Foro MICE traballará a partir de tres eixos principais: a promoción, a formación e a medición do impacto económico do sector.

 Actores no sector MICE

    • Cadenas hoteleras
    • Responsables de palacios de congresos y exposiciones
    • Agencias de azafatas
    • Servicios audiovisuales
    • Administración
    • Ubicaciones e instalaciones singulares para celebraciones
    • Proveedores de servicios para eventos

Galicia, pioneira nesta liña de traballo

Las bases y la orientación que parecen marcarse en el trabajo de Foro MICE no son nuevas y tienen su antecedente en las experiencias que se han lanzado en algunas comunidades autónomas.

Es el caso de Galicia, donde la colaboración entre distintos actores dio como fruto en 2015 el nacimiento del colectivo Galicia MICE, con frutos como sus guías, presentaciones públicas o su portal web (http://galiciamice.com).

Se desea profundizar en la profesionalización del sector; aumentar su presencia pública, reivindicar su contribución social y económica; y, en definitiva, aumentar el trabajo institucional y colaborativo en su seno.

Trevisani también es parte activa de Galicia MICE.

Próximo Congreso OPC España e Encontro Foro MICE

San Sebastián é o destino escollido pola Federación OPC España para a súa 31º congreso, xa no 2019.

Pola súa banda, o primeiro Encontro Anual de Foro MICE será o 7 de marzo en Madrid.

Que é OPC España?

OPC España naceu no 1987 e a Federación, no 1992.

Está configurada por 11 asociacións autonómicas de empresas OPC: Andalucía, Aragón, Castilla- La Mancha, Catalunya, Comunitat Valenciana, Euskadi, Galicia, La Rioja, Madrid e Centro, Murcia e Cantabria.

Ademais, existen 4 delegacións autonómicas: Asturias, Castilla y León, Extremadura e máis Navarra.

A Federación suma 77 empresas con todos os dereitos e outras 153 empresas colaboradoras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *