Congreso Nacional de Formación Regrada en Seguridade Privada
Para levar a cabo este Congreso ANPASP requiriu os servizos da empresa de organización de eventos Trevisani
O I Congreso Nacional de Formación Regrada en Seguridade Privada celebrouse na cidade de Ourense entre o 9 e o 11 de marzo de 2016.
No evento estiveron presentes 60 relatores e un total de 130 congresistas con distintos perfís profesionais.
A Asociación Nacional de Profesores Acreditados de Seguridade Privada (ANPASP) foi a impulsora desta cita que, co lema Cultura de Seguridade, Formación e Información. Un Proxecto Compartido, quixo ser unha chamada de apoio ás boas prácticas e á profesionalidade no sector; detectando e emendando as deficiencias actuais na formación dos profesionais deste sector a través de dez mesas redondas e nove obradoiros prácticos.
Entre estes talleres, simulacións de tiro, lume e escáneres. Neles os congresistas tiveron a oportunidade de realizaren manobras de reanimación ou extinción de chamas.
Ademais, tamén se tratou a figura da muller na industria da man de coñecedoras deste ámbito, así como a visión da sociedade, os usuarios e as empresas cara a este sector.
Desde os primeiros pasos do Congreso Nacional de Formación Regrada en Seguridade Privada o equipo de Trevisani implicouse a fondo neste evento pioneiro en España.
Traballos realizados no Congreso de Seguridade Privada
Entre as tarefas levadas a cabo por Trevisani neste congreso estiveron:
- Produción
- Deseño e escenografía
- Imaxe
- Xestión de patrocinios
- Relación coas institucións
- Atención no directo
- Xestión de relatores
- Apoio a protocolo e relacións públicas
- Persoal auxiliar e azafatas
- Gabinete de prensa
- Dinamización en redes sociais e contidos no portal web
- Protocolo e Relacións Públicas
Organizadores e colaboradores do Congreso de Formación Regrada en Seguridade Privada
O Congreso Nacional de Formación Regrada en Seguridade Privada foi organizado pola Asociación Nacional de Profesores Acreditados de Seguridade Privada (ANPASP) e coorganizado pola Deputación de Ourense.
Este congreso contou tamén coa colaboración do Concello de Ourense, a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) e Sabico Seguridade.